En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Técnicos Administrativos y Comerciales que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que exerzan legalmente a actividade administrativa en Galicia.
Asinan a acta de constitución: Pedro Luis Díaz Currás, e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais