Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 16 de febreiro de 1999 certificación expedida polo secretario da devandita confederación, Rafael Sánchez Sostre, avalada co visto e prace do presidente, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na asemblea xeral ordinaria celebrada o día 3 de febreiro de 1999, relativo á modificación do artigo 1 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais