Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para construcción e explotación de instalacións para varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados). (Expediente 13-36-99-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: (13-36-99-C-01).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento dunha concesión para construcción e explotación de instalacións para varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados).

b) Lugar da concesión: Cambados (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: quince (15) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: a especificada no prego de bases.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar da presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia