Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Traballadores Públicos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Traballadores Públicos de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato os traballadores da Administración central, autonómica ou local da Comunidade Autónoma galega, que teñan interese en defender, organizar e representa-los intereses dos ditos traballadores e sexan admitidos pola xunta directiva.

Asinan a acta de constitución: Margarita Varela Sánchez, e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais