Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria do Sindicato Regional FASGA Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 25 de febreiro de 1999 a acta do II congreso regional do Sindicato Regional FASGA Galicia, asinada pola secretaria da mesa do congreso co visto e prace do presidente, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no

devandito congreso celebrado o 25 de febreiro de 1998 en Santiago de Compostela, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais