Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de procedemento aberto por concurso, dos servicios técnicos para a realización das viaxes do programa de visitas didácticas á ría de Arousa.

Orzamento máximo: trinta e tres mil cincuenta e cinco con sesenta e sete euros (33.055,67 E), cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

Clasificación do contratista: non se precisa.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Extensión Pesqueira (rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños-Santiago de Compostela. 15771 (A Coruña), na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

Prazo e presentación das propostas: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do vixésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do sexto día natural, que non coincida en sábado nin festivo, a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación