Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999 pola que se corrixen erros producidos no prego de precricións técnicas do concurso público da subministración consistente na adquisición de diverso material de oficina e informático non inventariable con destino ós servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, anunciado por Resolución do 5 de febreiro de 1999, no Diario Oficial de Galicia número 29, do 12 de febreiro, e pola que se procede ó aumento do prazo de presentación de ofertas.

Por Resolución do 5 de febreiro de 1999 anunciouse a licitación, polo sistema de concurso da subministración consistente na adquisición de material de oficina e informático non inventariable distribuído en dous lotes con destino ós servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Advertido un erro na redacción do anexo I do prego de prescricións técnicas en relación co lote I.-Material informático, resolvo proceder á súa modificación e publicación para coñecemento dos licitadores.

Ó mesmo tempo, procédese a amplia-lo prazo de presentación das ofertas do Lote I.- Material informático ata as 14 horas do día 5 de abril de 1999, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración destas.

O acto público de apertura das proposicións levarase a cabo o día 7 de abril de 1999, ás 13 horas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

P. D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria