Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.284

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

Os decretos 48/1998 e 49/1998, do 5 de febreiro (DOG nº 33, do 18 de febreiro, corrección de erros DOG nº 67, do 8 de abril), establecen a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) respectivamente.

Todo isto, así como a proposta de modificacións puntuais dalgúns postos dos servicios periféricos realizada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas no referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referentes ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, nos termos que se sinalan nos anexos o presente acordo.

2º Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a súa publicación.

3º Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

CS.A02.00.005.15770.021Subinspector/a sanitario do equipo central de inspección

CS.A02.00.005.15770.023

CS.A02.00.005.15770.025

Subinspector/a sanitario do equipo central de inspección

Subinspector/a sanitario do equipo central de inspección

Postos de confianza e especial responsabilidade en atención as funcións inspectoras no campo sanitario tanto público como privado.

CS.A02.00.005.15770.027Subinspector/a sanitario do equipo central de inspección

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de marzo de 1999, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), coa finalidade de cumprir

dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

(Para ser utilizado polas unidades administrativas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais nas que preste servicio persoal incluído dentro do ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro).

a) Claves utilizadas para designar corpos e escalas sanitarias na relación de postos de traballo do personal incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro:

1. Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia:

1.1.1. Subescala de atención primaria:

1.1.1.1. Clase de médicos titulares.

1.1.2. Subescala de atención especializada:

1.1.2.1. Clase de médicos:

1.1.2.1.1. Xeneralistas.

1.1.2.1.2. Psiquiatría.

1.1.2.1.3. Obstetricia e xinecoloxía.

1.1.2.1.4. Pediatría.

1.1.2.1.5. Medicina interna.

1.1.2.1.6. Cirurxía xeral.

1.1.2.1.7. Traumatoloxía.

1.1.2.1.8. Otorrinolaringoloxía.

1.1.2.1.9. Uroloxía.

1.1.2.1.10. Radioloxía.

1.1.2.1.11. Neumoloxía.

1.1.2.2. Clase de farmacéuticos:

1.1.2.2.1. Análises clínicas.

1.1.2.2.2. Farmacia hospitalaria.

1.1.2.5. Clase de psicólogos.

1.2. Escala de saúde pública e administración sanitaria:

1.2.1. Clase de farmacéuticos titulares.

1.2.3. Clase de licenciados en medicina e cirurxía.

1.2.4. Clase de licenciados en farmacia.

1.2.6. Clase de licenciados en ciencias químicas.

1.2.7. Clase de licenciados en ciencias biolóxicas.

1.2.8. Clase de licenciados en psicoloxía.

1.2.9. Clase de inspectores médicos.

1.2.10. Clase de inspectores farmacéuticos.

2. Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia:

2.1. Escala de atención primaria e especializada.

2.1.1. Subescala de atención primaria.

2.1.1.1. Clase de practicantes titulares.

2.1.1.2. Clase de matronas titulares.

2.1.2. Subescala de atención especializada:

2.1.2.1. Clase de ATS/DUE básicos.

2.1.2.2. Clase de terapeutas ocupacionais.

2.2. Escala de saúde pública e administración sanitaria:

2.2.1. Clase de ATS/DUE.

2.2.2. Clase de subinspectores sanitarios.

5. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de inspectores médicos do corpo

sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP) e inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña.

6. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de farmacéuticos inspectores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP).

7. Persoal pertencente a outros corpos e escalas de carácter sanitario de calquera Administración pública

e persoal facultativo regulado no Estatuto Xurídico do Persoal Médico da Seguridade Social.

8. Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de ATS-Visitadores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP).

9. Persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (veterinarios).

ANEXO III

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

Na relación de postos de traballo dos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, publicada no DOG nº 234, do 3 de decembro de 1997, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Na páxina 11.639, no centro de destino «SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE (A CORUÑA)», o posto de traballo co código «CS.A99.10.003.15001.001.-SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE», na columna «Corpo/escala» debe figurar «1.1/1.2/5/6/7/9».

Na páxina 11.640:

a) No centro de destino «SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE (LUGO)», o posto de traballo co código «CS.A99.10.003.27001.001.-SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE», na columna «Corpo/escala» debe figurar «1.1/1.2/5/6/7/9».

b) No centro de destino «SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE (OURENSE)», o posto de traballo co código «CS.A99.10.003.32001.001.-SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE», na columna «Corpo/escala» debe figurar «1.1/1.2/5/6/7/9».

Na páxina 11.641, no centro de destino «SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE (PONTEVEDRA)», o posto de traballo co código «CS.A99.10.003.36001.001.-SERVICIO DE PROTECCIÓN DA SAÚDE», na columna «Corpo/escala» debe figurar «1.1/1.2/5/6/7/9».