Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 62/1999, do 11 de marzo, polo que se aproba o cambio de titularidade de tres treitos da antiga PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira a prol do Concello de Arbo.

O Concello de Arbo solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia dos treitos da antiga PO-400 (Salvaterra de Miño-Filgueira) comprendidos no termo municipal e que quedan fóra do novo trazado da estrada referida logo das obras de mellora e ampliación nela efectuadas.

Conforme o sinalado nos artigos 4 e 5 da Lei de estradas autonómica 4/1994, do 14 de setembro, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Con

sello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, en favor do Concello de Arbo, dos treitos correspondentes á modificación do trazado da estrada PO-400 (Salvaterra de Miño-Filgueira) que a seguir se relacionan:

Treito 1.-Travesía de Arbo.

A antiga PO-400 discorre nunha lonxitude de 1.554,00 m pola zona urbana de Arbo.

O treito enlaza coa actual PO-400 nos p.k. 17,700 e 19,150.

Treito 2.-Travesía Sela-Barcela.

O antigo treito da PO-400 discorre nunha lonxitude de 3.050,00 m a través dos núcleos de Sela e Barcela.

O treito enlaza coa actual PO-400 nos p.k. 13,508 e 16,165 pola marxe esquerda.

Treito 3.-Pontecarreiros.

Este treito antigo da PO-400 ten unha lonxitude de 420,00 m.

O treito enlaza coa actual PO-400 nos p.k. 17,076 e 17,375 pola marxe esquerda.

Artigo 2º

Corresponderalle ó Concello de Arbo a xestión, mantemento, conservación e explotación das vías cedidas.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda