Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

Os Decretos 48/1998 e 49/1998, do 5 de febreiro (DOG nº 33, do 18 de febreiro, corrección de erros DOG nº 67, do 8 de abril), establecen a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) respectivamente.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de setembro de 1998 (DOG nº 177, do 11 de setembro, corrección de erros DOG nº 180, do 16 de setembro) apróbase o plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, que establece que tódalas relacións de postos de traballo das delegacións provinciais instaladas no novo edificio administrativo de Lugo deberán de incorpora-las modificacións incluídas no dito plan.

Todo isto, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas, así como da Delegación Provincial de Lugo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación

da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

2º Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3º Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

SA.C01.00.000.15770.001

SA.C02.00.000.15770.001

SA.C03.00.000.15770.001

SA.C04.00.000.15770.001

SA.S03.00.000.15770.001

SA.S04.00.000.15770.001

SA.S05.00.000.15770.001

SA.S06.00.000.15770.001

Xefe da secretaría do conselleiro

Secretario/a do secretario xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a (Direcc. Xeral Serv. Sociais)

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

SA.C02.00.000.15770.053

SA.S04.00.003.15770.007

SA.S05.00.003.15770.007

Xefe de Negociado de Habilitación Nóminas

Xefe de Sección de Habilitación Xeral

Xefe de Sección de Habilitación de Nóminas

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

SA.C04.00.002.15770.020

SA.C04.00.002.15770.022

Inspector Servicios Sociais

Inspector Servicios Sociais

Postos de confianza e especial responsabilidade en atención ás funcións inspectoras así como ás de proposición de medidas cautelares sancionadoras.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de marzo de 1999, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública