Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 120/1998, do 23 abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, extingue os postos de traballo dos equipos psicopedagóxicos de apoio.

A Orde do 20 de agosto de 1998 pola que se resolve o procedemento de adscrición do persoal que desempeña as súas funcións nos equipos psicopedagóxicos de apoio ós departamentos de orientación e ós equipos de orientación específicos, adscribe definitivamente ós institutos de educación secundaria, centros públicos integrados e centros de educación infantil e primaria o persoal laboral con categoría de psicólogo, pedagogo e asistente social destinados nos citados equipos.

Todo isto, así como a adecuación do cadro de persoal laboral de diversos institutos de educación secundaria á súa superficie, fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 11 de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos que sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de marzo de 1999, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Na relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, realízanse as seguintes modificacións:

Persoal laboral

Supresións:

Na páxina 8.775, no centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE FERROL», suprímese o posto de traballo «ED.C99.40.701.15350.001.-TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A».

Modificacións:

Na páxina 8.767, no centro de destino «I. BACHARELATO NÚMERO 4 DE ELVIÑA (A CORUÑA)», o posto co código «ED.C99.40.306.15001.013.-LIMPADOR/A 1/2 XORNADA» cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A».

Na páxina 8.768, o centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DA CORUÑA», cambia de denominación e pasa a ser «EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DA PROVINCIA DA CORUÑA».

Na páxina 8.775, no centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE FERROL», prodúcense as seguintes modificacións:

-O posto co código «ED.C99.40.701.15350.002.- TITULADO/A SUPERIOR PSICÓLOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.304.15350.011» pasando a depender do centro de destino «IES CANIDO-FERROL» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.774.

-O posto co código «ED.C99.40.701.15350.004.- TITULADO/A SUPERIOR PSICÓLOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.202.15350.013» pasando a depender do centro de destino «IES ROBERTO VIDAL DE LA TORRE-FERROL» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.774.

-O posto co código «ED.C99.40.701.15350.006.- ASISTENTE SOCIAL» cambia de código e pasa a ser

«ED.C99.40.901.15350.020» pasando a depender do centro de destino «CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL CARMEN POLO-FERROL» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.775.

Na páxina 8.783, no centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE SANTIAGO», o posto con código «ED.C99.40.701.15770.001.-TITULADO/A SUPERIOR PSICÓLOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.301.15810.011» pasando a depender do centro de destino «IES CACHEIRAS-TEO» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.785.

Na páxina 8.787 prodúcense as seguintes modificacións:

-No centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE LUGO», o posto co código «ED.C99.40.701.27001.001.-TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.306.27001.013» pasando a depender do centro de destino «IES SAN XILLAO-LUGO» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na mesma páxina.

-O centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE LUGO», cambia de denominación e pasa a ser «EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DA PROVINCIA DE LUGO».

Na páxina 8.795, no centro de destino «INST. EDUC. SEC. PROF. DE QUIROGA», o posto co código «ED.C99.40.301.27490.006.-LIMPADOR/A œ XORNADA» cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A».

Na páxina 8.800, no centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE OURENSE», prodúcense as seguintes modificacións:

-O posto co código «ED.C99.40.701.32001.001.- TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.106.32001.010» pasando a depender do centro de destino «C.P.I. JOSÉ GARCÍA MENDE-OURENSE» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.798.

-O posto co código «ED.C99.40.701.32001.002.- TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.901.32001.009» pasando a depender do centro de destino «CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL MIÑO-OURENSE» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.800.

-O posto co código «ED.C99.40.701.32001.004.- TITULADO/A SUPERIOR PSICÓLOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.202.32001.011» pasando a depender do centro de destino «IES A FARIXA-OURENSE» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.798.

-O posto co código «ED.C99.40.701.32001.005.- TITULADO/A SUPERIOR PSICÓLOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.301.32430.011» pasando a depender do centro

de destino «IES SAN MAMEDE-MACEDA» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na páxina 8.804.

-O centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE OURENSE», cambia de denominación e pasa a ser «EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO DA PROVINCIA DE OURENSE».

Na páxina 8.807, no centro de destino «INST. BACH. XESÚS TABOADA CHIVITE-VERÍN», o posto co código «ED.C99.40.301.32840.007.-LIMPADOR/A œ XORNADA», cambia de denominación pasando a ser «LIMPADOR/A».

Na páxina 8.818, no centro de destino «EQUIPO PSICOPEDAGÓXICO DE VIGO», o posto co código «ED.C99.40.701.36560.001.-TITULADO/A SUPERIOR PEDAGOGO/A» cambia de código e pasa a ser «ED.C99.40.310.36560.013» pasando a depender do centro de destino «I.E.S. OS ROSAIS II-VIGO» ocupando o lugar que lle corresponda segundo o seu código na mesma páxina.

Creacións:

Na páxina 8.772, no centro de destino «COL. PUB. ALCALDE XOSÉ PICHEL-CORISTANCO» engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «ED.C99.40.102.15290.006»

Denominación: «AXUDANTE DE COCIÑA»

Vacante: «SI»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «V»

Categoría: «1»

Titulación académica: «SEGUNDO CONV.»

Observacións: «A TEMPO PARCIAL 9 MESES»

Na páxina 8.789, no centro de destino «C.E.E. Nº 1 CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA CASTRO DE REI» engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «ED.C99.40.901.27100.011»

Denominación: «LIMPADOR/A»

Vacante: «SI»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «V»

Categoría: «11»

Titulación académica: «SEGUNDO CONV.»

Observacións: «MEDIA XORNADA»

Na páxina 8.792, no centro de destino «COL. PUB. DE MEIRA (LUGO)» engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «ED.C99.40.101.27280.004»

Denominación: «AXUDANTE DE COCIÑA»

Vacante: «SI»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «V»

Categoría: «1»

Titulación académica: «SEGUNDO CONV.»

Observacións: «A TEMPO PARCIAL 9 MESES»

Na páxina 8.801, a continuación do «COL. PUBL. BAÑOS DE MOLGAS» créase un novo centro de destino «COL. PUBL. DE BARBADÁS (OURENSE)» co seguinte posto de traballo:

Código do posto: «ED.C99.40.101.32080.001»

Denominación: «OFICIAL 2ª COCIÑA»

Vacante: «SI»

Forma de provisión: «C»

Grupo: «IV»

Categoría: «5»

Titulación académica: «SEGUNDO CONV.»

Observacións: «A TEMPO PARCIAL 9 MESES»

Na modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 171, do 5 de setembro de 1997, realízase a seguinte modificación:

Na páxina 8.698, no centro de destino «INSTITUTO BACHARELATO AGRA DE RAÍCES-CEE», o posto co código «ED.C99.40.301.15230.009.-LIMPADOR/A», na columna observacións suprímese «MEDIA XORNADA».