Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.272

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal ás necesidades de funcionamento da unidade de informática do Instituto Galego da Vivenda e Solo para lograr un axeitado desenvolvemento desta, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En consecuencia, por proposta desta consellería, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de marzo de 1999, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumprir este acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

.CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

Persoal funcionario

Na relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 171, do 5 de setembro de 1977, realízanse as seguintes modificacións:

Na páxina 8.689, no centro de destino «UNIDADE INFORMÁTICA»:

-No posto «OT.A02.00.009.15770.005-ANALISTA PROGRAMADOR», na columna «Observacións» suprímese «SEN DOTAR ORZAMENTARIAMENTE».

-No posto «OT.A02.00.009.15770.021-OPERADOR DE ORDENADOR», na columna «Observacións» engádese «SEN DOTAR ORZAMENTARIAMENTE».

Persoal laboral

Na relación de postos de traballo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.717, no centro de destino «ÁREA PROVINCIAL DA CORUÑA», suprímese o posto «OT.A99.10.000.15001.095-XARDINEIRO».