Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 23 de marzo de 1999 Páx. 3.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 11 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A progresiva evolución tanto cuantitativa como cualitativa das diversas accións comprendidas no programa da reforma administrativa da Xunta de Galicia e especialmente a implantación do programa de avaliación do rendemento a toda a Administración autonómica, esixe un dimensionamento do actual cadro de inspectores e subinspectores, o que levou á publicación do Decreto 373/1998, do 23 de decembro (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), polo que se modifica o artigo 2 do Decreto 213/1995, do 20 de xullo, sobre estructura orgánica e funcións da Inspección Xeral de Servicios, e que no seu artigo único dispón que dependerán da dita Inspección os inspectores e subinspectores de servicios que se establezan na correspondente relación de postos de traballo.

Por outra parte, o Decreto 374/1998, do 29 de decembro (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), polo que se modifica o Decreto 12/1998, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento crea no artigo 3.2º a Subdirección Xeral de Xestión.

Todo isto, así como a proposta de modificación da súa relación de postos de traballo realizada pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, fan necesario modifica- la vixente relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

1. Modifica -la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.C04.00.000.15770.001Secretario/aArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Posto de confianza.

PR.C04.00.00015770.059Xefe Negociado Rexistro InteresesPosto de especial responsabilidade por tramitar expedientes de carácter reservado (artigo 10.3º parágrafo primeiro, e 10.4º da Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da Administración autonómica, DOG nº 213, do 30 de outubro de 1996).

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de marzo de 1999, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Persoal funcionario

Modificacións:

-Na páxina 8.672, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA», o posto co código «PR.C99.10.000.15001.066.-XEFE SECCIÓN COORDINACIÓN REFORMA ADMTVA.», cambia de denominación pasando a denominarse «XEFE SECCIÓN ASUNTOS XERAIS».

-Na páxina 8.680, no centro de destino «INEF-GALICIA (BASTIAGUEIRO/OLEIROS)», no posto co código «PR.P49.40.101.15570.001.-XERENTE», na columna «Titulación académica», suprímese «2083».

Creación:

No DOG nº 244, do 18-2-1998, na páxina 13.514, no centro directivo «SECRETARÍA XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO», créase un novo centro de destino «S.X. DE XESTIÓN» co seguinte posto de traballo:

Modificación:

O posto de traballo co código «FA.C03.00.001.15770.025.-ASISTENTE SOCIAL», dependente da «S.X. DE ACCIÓN FAMILIAR», (DOG nº 95, do 20-5-1998, páxina 5.534), pasa a depender da «S.X. DE SERVICIOS» páxina 8.682, do DOG nº 227, do 27-11-1995) da Consellería da Presidencia e Administración Pública polo que pasa a te-lo código «PR.C02.00.004.15770.014».