Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Carba. (Expediente 008-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Paseo de la Castellana, 95-planta 29, 28046-Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Carba; resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 30 de setembro de 1997, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade publica, en concreto, e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Carba de 19,5 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información publica por Resolución do 7 de outubro de 1998, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1996 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución publicouse no BOP de Lugo o 26 de outubro de 1998; no diario El Progreso, o 22 de outubro de 1998; no Boletín Oficial del Estado o 28 de outubro de 1998 e no diario La Voz de Galicia o 27 de outubro de 1998.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Adega, manifestando en síntese que na zona na que se ten previsto situa-las instalacións existe un gran número de especies consideradas prioritarias segundo a Directiva 43/1992 da CEE e o R.D. 1997/1997; que non se estudiou o impacto conxunto dos parques eólicos previstos na zona e que o expediente non tería que tramitarse como estudio de efectos ambientais senón de impacto ambiental.

As citadas alegacións remitíronse á empresa Made Energías Renovables, S.A. e esta contestounas dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 18 de xaneiro de 1999, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

CarbaMuras e

Vilalba

0.607.2004.811.850
0.607.7754.811.850
0.609.7004.808.700
0.608.8554.808.326
0.608.3504.808.500

Nº de aeroxeradores: 30.

Potencia unitaria por aeroxerador: 650 kW.

Potencia total instalada: 19,5 MW.

Producción máxima anual: 50.662 Mwh/ano.

Investimento previsto: 3.001.888.643 ptas.

Cuarto.-O 5 de febreiro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección General de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non se poden acepta-las alegacións presentadas por Adega, xa que o proxecto se realizou respectando tódalas normativas existentes en materia medioambiental, como demostra a declaración de efectos ambientais dictada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE

Autorizar a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Carba, que se situará nos concellos de Muras e Vilalba.

Aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obri

gas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 60.037.773 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, consonte o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.001.888.643 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección General de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, aplicable en virtude da disposición transitoria oitava da Lei 54/1997, do sector eléctrico, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 5 de febreiro de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decre

to 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou otros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a da presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contados desde a publicación desta, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria