Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación do servicio de aluguer, montaxe, desmontaxe e mantemento de casetas e carpas nas feiras culturais de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, polo procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación do seguinte servicio:

Aluguer, montaxe, desmontaxe e mantemento de casetas e carpas nas feiras culturais de Galicia.

Orzamento de licitación: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses (6) meses.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

Exposición dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas estarán de manifiesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación

Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 decembro)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo