Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

1. Obxecto: servicio de vixilancia do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e do Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.

2. Orzamento de licitación: 7.500.000 ptas. (sete millóns cincocentas mil pesetas), (euros 45.075,91), impostos incluídos.

3. Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

4. Clasificación requirida: grupo III.

Subgrupo 2.

Categoría A.

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores no Servicio de Investigación Mariña (r/ Irmandiños, s/n Santiago de Compostela); na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura así como nas delegacións territoriais desta consellería.

6. Presentación de proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral da contratación do Estado.

7. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación que se reunirá nas dependencias da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura as 10.30 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposiciones terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

9. Anuncio: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira