Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (173/1998).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 173/1998-10 por instancia de José Manuel Sixto Iglesias contra María Mónica Mera López, nas súas actuacións se dictou sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva literalmente din:

Sentencia: en nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 173/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes José Manuel Sixto Iglesias e como denunciado María Mónica Mera López.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a María Mónica Mera López da falta que se lle imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación perante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse ter pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometese en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgado definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a José Manuel Sixto Iglesias, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado