Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (34/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único de Padrón, A Coruña, fai saber: que neste xulgado se tramita expediente de suspensión de pagamentos rexistrado co número 34/1999, promovido polo procurador Caamaño Queijo, en nome e representación da entidade mercantil Almacenes Pardal, S.L., con domicilio en Padrón (A Coruña), lugar de Muíños, A Escravitude, con CIF 15078611, dedicada á compravenda de toda clase de artigos de droguería e os denominados de regalo, tales como porcelanas, cristal, quincallería, pel, ect. e que aparece inscrita no Rexistro Mercantil no tomo 1214 do arquivo, sección xeral, folio 167, folla nº C-7320, inscrición 1ª, e no seu procedemento dictouse provido con data do 6 de febreiro de 1999, no que acorda ter por solicitada a declaración do estado de suspensión de pagamentos da citada entidade, no provido do día da data nomeáronse como interventores os peritos mercantís Diego Comendador Alonso, colexiado nº C-243 e

Manuel Díaz Aledo, colexiado nº C-466, así como o acredor Comercial Pardal, S.L.

E para que conste e para os servicios previstos no artigo 4 da Lei de suspensión de pagamentos do 26 de xullo de 1922, expido e asino este edicto en Padrón o 9 de febreiro de 1999.

Luis Fernández-Arias González

Secretario