Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE LALÍN

CÉDULA de notificación (142/1998).

María del Pilar Pazos González, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín (Pontevedra).

Dou fe de que nos autos de xuízo de menor contía número 142/1998, seguidos neste xulgado por instancia de Antonio Riádigos García e Camilo Diéguez Castro, representados polo procurador Nistal Riádigos, contra Tomás Rodríguez Fernández, declarado en rebeldía, embargouse o 50% dos seguintes predios, propiedade do demandado:

1. Predio nº 107, do plano oficial da zona concentrada de Moalde. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Lalín, ó tomo 522, libro 126, folio 226. Predio nº 18.400.

2. Predio urbano. Casa composta de sobrado e baixo, situada en Eirexe-Moalde, municipio de Silleda. Inscrita no Rexistro da Propiedad de Lalín, tomo 702, libro 198, folio 4. Predio nº 18.398.

E para que conste e sirva de notificación a Tomás Rodríguez Fernández, o último domicilio do cal foi en Santiago de Compostela, e declarado en rebeldía,

expido e asino a presente cédula en Lalín o dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado