Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 18 de marzo de 1999 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de febreiro de 1999, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan aperturas de trámite de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Mª Nieves Medela Alonso e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse apertura de trámite de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso,38 Ent., en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 26 de febreiro de 1999.

Francisco Norberto Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Medela Alonso, Mª Nieves.

DNI: 34.931.068-W.

Sta. Mariña do Monte, Ourense.

Procedemento: trámite de audiencia.

Expediente: 3140/98.

Doc. 600802501459.

Interesado: Gómez Maceda, Antonio.

DNI: 34.910.547-C.

Estr. S. Cibrao das Viñas, nº 2, Ourense.

Procedemento: trámite de audiencia.

Expediente: 5153/98.

Doc. 600802461249.