Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 18 de setembro de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre a renda de integración social de Galicia relacionadas no anexo (Beatriz Pérez Costas e setenta e tres máis).

Advertidos erros no dito edicto, publicado no DOG nº 208, do 27 de outubro de 1998, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 11.596, columna da dereita, onde di: «contra esta resolución poderán interpoñer recla

mación previa á vía da xurisdicción laboral ante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data na que se publique este edicto, conforme o disposto no artigo 71 do texto refundido da Lei de procedemento laboral, aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril»; debe dicir: «contra esta resolución poderán interpoñer no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, recurso ordinario perante a comisión técnica central de RISGA con sede en Santiago de Compostela, mediante escrito presentado ante a Comisión Técnica Provincial de Pontevedra, e que deberán remitir a U.T.A da RISGA, Cánovas del Castillo, s/n, Vigo».