Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 8/1997).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Energías Ambientales, S.A.

Domicilio social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10-1º Esq.

Denominación: parque eólico Monte Villalbesa.

Municipios afectados: As Somozas (A Coruña).

Superficie afectada e coordenadas: 766 ha V1(590180, 4.819640), V2(589970, 4.818460), V3(585961, 4.825153), V4(592941, 4.819244) e V5(590489, 4.821921).

Potencia que se vai instalar: 22,2 mW.

Durante o prazo de 20 días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 4 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña