Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-875/98 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (praza de España, 2-2º), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-0875/98, C-0944/98, C-0945/98, C-1029/98, C-1050/98, C-1078/98, C-1081/98, C-1082/98 e C-1083/98.

Denunciado: Juán Carlos Bollo Rodríguez.

Domicilio: Trav. da Pedreira, 22-Mugardos.

Nº de expediente: C-0887/98.

Denunciado: Francisco Rañales García.

Domicilio: Franza-Mugardos.

Nº de expediente: C-1058/98 e C-1077/98.

Denunciado: Francisco José Suárez Vilar.

Domicilio: Federico Mayo, 11-Mugardos.

A Coruña, 11 de febreiro de 1999.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña