Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de febreiro de 1999 pola que se clasifica como benéfico-asistencial a Fundación Filomena Rivero Alonso.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Filomena Rivero Alonso, con domicilio en Redondela (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Josefina Carreira Rivero, na súa calidade de presidenta da fundación, en escrito do 1 de febreiro de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Pontevedra, o día 21 de xaneiro de 1999, ante o notario Eduardo Méndez Apenela, co número douscentos setenta e seis do seu protocolo por María Josefa Carreira Rivero, que intervén no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo dous dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a axuda á formación e educación integral, incluída a relixión católica, da infancia e xuventude de Redondela e obras asistenciais para eles e, con carácter marxinal e accesoria, a axuda ós pobres do terceiro mundo.

4. O padroado da fundación estará constituído por María Josefa Carreira Rivero como presidenta, Alejandrina Regojo Otero como vicepresidenta, Mario Gustavo Fernández Álvarez como secretario e María del Pilar Bernárdez Vidal, Faustino Castro Sanjorge, Regina Rielo Rodríguez, María Rita Regojo Velasco e Regina María López Rielo como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-asistencial da Fundación Filomena Rivero Alonso, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-asistencial e a súa adscrición á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral

de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 22 de febreiro de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-asistencial a Fundación Filomena Rivero Alonso e adscribila á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública