Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.936

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de febreiro de 1999 pola que se autoriza a implantación da modalidade de tecnoloxía do novo bacharelato no Instituto de Educación Secundaria Escolas Proval de Nigrán (Pontevedra).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994, autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación das modalidades de bacharelato previstas no Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-lo Instituto de Educación Secundaria Escolas Proval de Nigrán (Pontevedra), código 36015184, para implanta-la modalidade de Tecnoloxía do novo bacharelato, segundo o currículo aprobado polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-A implantación das ensinanzas do novo sistema educativo suporá a extinción progresiva dos grupos correspondentes a plans de estudios derivados da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás as excepcións que, debidamente xustificadas, sexan autorizadas por esta consellería.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria