Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de febreiro de 1999 pola que se declara de interese galego a Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Visto o expediente tramitado a instancia da Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel para a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscrición no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultado que a Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola súa Orde do 15 de setembro de 1998 (DOG nº 186, do 24), clasificou

como benéfico-docente a citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como, o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e as demais disposicións de xeral e pertinente aplicación, e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos é conforme co establecido nos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/1983, do 22 de xuño (DOG nº 89, do 20 de xullo), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e demais elementos organizativos da Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel cumpren cos requisitos e condicións sinalados nos artigos 1 e 13 da mentada Lei 11/1991 (DOG nº 219, do 12 de novembro) para a súa declaración de interese galego; así como, coas condicións básicas determinadas na devandita Lei 30/1994.

Considerando que o presente expediente se promoveu por persoas lexitimadas para iso, e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos, tanto pola lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego coma polas normas básicas establecidas na Lei 30/1994.

Esta consellería, consonte co disposto no artigo 32.3º do devandito regulamento, logo do informe da asesoría xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Francisco-José Traspuesto Miguel, coa conseguinte aprobación dos estatutos de seu e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no DOG do 24 de setembro de 1998.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no rexistro auxiliar de fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; tendo esta publicación e inscrición o carácter constitutivo que determinan os artigos 33.3º do Decreto 248/1992 e o 8 da Lei 7/1983, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria