Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 15 de marzo de 1999 Páx. 2.934

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 58/1999, do 11 de marzo, polo que se dispón a substitución de varios membros do Consello Social da Universidade da Coruña.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade e dos intereses sociais nesa institución.

A Xunta de Galicia designou a Antonio Abril Abadín e renovou o mandato dos seus outros catro representantes no Consello Social da Universidade da Coruña.

Pola súa banda, o Parlamento de Galicia, con data do 3 de decembro de 1998, comunicou a designación de Emilio López Sánchez e a renovación do mandato dos seus outros cinco representantes no Consello Social.

Por outra parte, os sindicatos Unión Xeral de Traballadores de Galicia e Comisións Obreiras de Galicia comunicaron a renovación do mandato de José Manuel Pose Mesura e Juan del Valle Codesal, respectivamente, e as organizacións empresariais comunicaron a renovación do mandato de José Freire Vázquez e Alfonso Varela Vázquez.

Por último, a Xunta de Goberno da Universidade da Coruña comunicou á Xunta de Galicia a renovación do mandato de Nuria Galego Veiga e a designación de Víctor Manuel Cabrera Sánchez, Virginia López Fraga, Germán Cascallar Pérez e Alfonso Vidal Carnota como representantes desta.

Así mesmo, recibíronse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 8, os documentos preceptivos de non ter incorrido en incompatibilidade.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, e por instancia da Xunta de Goberno da Universidade da Coruña e do Parlamento de Galicia, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Renova-lo mandato, como membros do Consello Social da Universidade da Coruña, de José Luis Calvo Pumpido, Xoán Xosé Costa Casas, José Manuel Liaño Flores, Ramón Núñez Centella, José Antonio Quiroga Piñeiro, Roberto Tojeiro Díaz, Epifanio Campo Fernández, Enrique Freire Arteta, José Luis Méndez López, José Manuel Pose Mesura, Juan del Valle Codesal, José Freire Vázquez e Alfonso Varela Vázquez en representación dos intereses sociais de Galicia, e de Nuria Galego Veiga como representante da Xunta de Goberno.

Artigo 2º.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade da Coruña a:

-Víctor Manuel Cabrera Sánchez, Alfonso Vidal Carnota, Virginia López Fraga e Germán Cascallar Pérez en representación da Xunta de Goberno, que substitúen, respectivamente, a José María Pujalte Jiménez, Ángeles Campo Rodriguez, Enmanuel López Ares e Arturo Berruezo Blanco, que cesan.

-Emilio López Sánchez en representación do Parlamento, que substitúe a Miguel Maristany Morado, que cesa.

-Antonio Abril Abadín en representación da Xunta de Galicia, que substitúe a Juan Manuel Urgoiti López-Ocaña, que cesa.

A tódalas persoas que cesan como membros do Consello Social da Universidade da Coruña agradécenselle-los servicios prestados.

Artigo 3º.-Deste xeito, o Consello Social da Universidade da Coruña queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade da Coruña:

José Luis Meilán Gil, rector da universidade.

Alfonso Barca Lozano, secretario xeral da universidade.

Víctor Manuel Cabrera Sánchez, xerente da universidade.

Juan Jesús Fernández Caínzos, membro da Xunta de Goberno.

Manuel Recuero Astray, membro da Xunta de Goberno.

José Luis Rodilla López, membro da Xunta de Goberno.

Virginia López Fraga, membro da Xunta de Goberno.

Nuria Galego Veiga, membro da Xunta de Goberno.

Germán Cascallar Pérez, membro da Xunta de Goberno.

Alfonso Vidal Carnota, membro da Xunta de Goberno.

II) En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

José Luis Calvo Pumpido.

Xoán Xosé Costa Casas.

José Manuel Liaño Flores.

Emilio López Sánchez.

Ramón Núñez Centella.

José A. Quiroga Piñeiro.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Roberto Tojeiro Díaz.

Epifanio Campo Fernández.

Antonio Abril Abadín.

Enrique Freire Arteta.

José Luis Méndez López, presidente do Consello Social.

c) Designados polos sindicatos:

José Manuel Pose Mesura, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

Juan del Valle Codesal, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

José Freire Vázquez.

Alfonso Varela Vázquez.

Disposicións derradeiras

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria