Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.845

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (485/1996).

No procedemento de maior contía 485/1996, seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 6 de Santiago de Compostela por instancia de Román García Quintás e Juan Vicente Otero Gago contra Xunta de Galicia e comunidade veciñal de Bures-Rianxo, sobre maior contía, dictouse a sen

tencia que copiada no seu encabezamento e decisión, é como segue:

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de maior contía 485/1996, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante Román García Quintás e Juan Vicente Otero Gago co procurador Julio A. Barreiro Fernández e doutra, como demandados Xunta de Galicia co letrado da xunta, comunidade veciñal de Burés-Rianxo, co procurador Varela Tobío e tódalas persoas físicas, entidades e organismos que teñan interese neste preito.

Decido: que desestimando a demanda presentada polo procurador Julio A. Barreiro Fernández en nome e representación de Román García Quintás e Juan Vicente Otero Gago, contra a Xunta de Galicia, a Comunidade Veciñal de Burés e contra tódalas persoas físicas, entidades ou organismos que teñan interese neste preito, pero dos cales se descoñecen as circunstancias e identidades, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións deducidas na súa contra, con expresa imposición á parte actora das custas procesuais causadas. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación, perante a audiencia provincial, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

E co fin de que sirva de notificación en forma ó demandado e a tódalas persoas físicas, entidades ou organismos que teñan interese neste preito.

Extendo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o once de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado

1610