Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/49-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. López Ballesteros II.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña CAR 8.10 entre os CC.TT. estación autobuses e López Ballesteros, alimentado en bucle o C.T. que se proxecta en López Ballesteros II, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 125 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

1616