Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.845

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (123/1998).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 123/1998, se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión.

Sentencia. En Santiago de Compostela o 27 de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 123/1998, seguidos por furto, sendo parte denunciante María del Mar Fariña Formigo, maior de idade; aparecendo como parte denunciada José Agrasar Cruces, maior de idade; o Ministerio Fiscal amosouse parte.

Decido. Que debo absolver e absolvo a José Agrasar Cruces, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interpoñerá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado: José Agrasar Cruces, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado