Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 11 de marzo de 1999 Páx. 2.845

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (17/1999-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 17/1999-10, por instancia do axente da garda civil 32.652.277 contra Andrés Portas González e legal representante Comercial Extramundi, S.L, nas actuacións do cal en resolución desta data se acordou cita-lo legal representante Comercial Extramundi, S.L. co fin de o día quince de abril ás once trinta horas compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas como denunciado, apercibíndoo de que en caso de o non verificar recaerá sobre del o prexuízo que corresponda segundo dereito e de que deberá comparecer asistido das probas das que se tente valer.

E para que conste e lle sirva de citación ó legal representante Comercial Extramundi, S.L., expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o once de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado