Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.706

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns, da provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-2-1999, na que se acordou, con data do 9-2-1999 a revisión dos artigos 17 puntos 1 e 2 (días festivos), 24.3º (salarios), 30.1º (axudas de custo), 31 (desgaste de ferramentas), e do anexo 1º (táboa de salarios para 1999), do devandito convenio, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector da carpintería,

ebanistería e actividades afíns da

provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

UGT:

Manuel Graña Bon.

Representación empresarial:

Serafín Seijo, ASEMA.

Félix Rodríguez Regueiro, AFCM.

Secretario de actas:

Pablo Rodríguez Álvarez.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 11.30 horas do 9 de febreiro de 1999, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, co fin de realiza-la revisión do convenio para o ano 1999. Asisten os señores indicados anteriormente.

Aberta a sesión, procédese á revisión do convenio, que afecta ós seguintes artigos:

Artigo 17º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para 1999, consideraranse como non laborables e retribuídos os días 11 de outubro; 7, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos nos que a festa local coincida cun día non laborable ou festivo de conveno, trasladarase o día inmediatamente seguinte. Para 1999, nos concellos que se relacionan tamén serán festivos de convenios os seguintes:

Portas: 22 de marzo e Vilagarcía de Arousa: 21 de maio.

Artigo 24º.-Salarios.

3. Incremento para 1999. Aplicarase un incremento igual ó 2,8% sobre o salario vixente o 31-12-1998, ó que se lle restará a compensación por antigüidade.

ANEXO I

Táboa de salarios 1999

Retribución

Categorías

Salario

base

Compensación

antigüidade

Total

(ptas.)

Total

(euros)

Persoal de taller:
Encargado xeral, xefe de taller116.7813.000119.781719,90
Encargado de sección, de producción116.1703.000119.170716,23
Oficial preparador-trazador115.3733.000118.373711,44
Oficial de 1ª114.0353.000117.035703,39
Oficial de 2ª111.8153.000114.815690,05
Axudante110.5453.000113.545682,42
Peón107.8963.000110.896666,50

Persoal administrativo e técnico:
Xefe de oficina, de oficina técnica, analista programador132.6483.000135.648806,24
Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador118.5243.000121.524730,38
Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador111.8153.000114.815681,04
Auxiliar administrativo, telefonista110.2743.000113.274680,79
AprendicesSMI (ptas.)SMI (euros)

Artigo 30º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que, por necesidades da empresa e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lles impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

Axuda de custo completa por pernoita: 5.654 ptas. (33,98 euros).

Axuda de custo completa: 3.906 ptas. (23,47 euros).

Media axuda de custo: 1.850 ptas. (11,12 euros).

Artigo 31º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non lles entregue ós seus productores as ferramentas para os seus traballos pagará en compensación do desgaste destas 175 pesetas (1,05 euros) por cada día de traballo.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 12.30 horas do día antes indicado.