Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e presentaranse no seu rexistro xeral ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, atendendo as características de cada curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Cal

quera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: informática aplicada en producción vexetal.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos en producción vexetal.

2. Destinatarios.

Persoal de producción vexetal que intervén na execución de programas de producción vexetal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios e persoal contratado que teñan máis relación cos temas de producción vexetal, tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Número de edicións: 1.

4.2. Duración de cada curso: 30 horas.

4.3. Datas: marzo de 1999; a data de comezo e o lugar de realización, notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugar: Santiago de Compostela.

4.5. Horario: das 9 ás 20 horas, horario de mañá e tarde segundo o día.

4.6. Número de prazas: 20.

5. Contido.

Nocións básicas de informática. Manexo dun procesador de textos, follas de cálculo, etc. Rede informática da Xunta de Galicia. Windows NT e aplicacións específicas de producción vexetal.

Curso: aplicación da normativa de calidade agroalimentaria para os servicios de inspección.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos en normativa de calidade agroalimentaria.

2. Destinatarios.

Persoal inspector que no exercicio das súas funcións teña relación coa calidade agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios que teñan máis relación cos temas de inspección tanto na xestión administrativa como na execución dos programas de campo.

4. Desenvolvemento.

4.1. Número de edicións: 1.

4.2. Duración do curso: 15 horas.

4.3. Datas: setembro ou outubro de 1999; a data de comezo e o lugar de realización notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: Santiago de Compostela.

4.5. Horario: de 17 á 20 horas.

4.6. Número de prazas: 30 por edición.

5. Contido.

Normas básicas de actuación inspectora. Procedemento sancionador. Normativa por sectores de medios de producción e calidade agroalimentaria.

Curso: normativa reguladora da producción de sementes e plantas de viveiro.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos para a supervisión técnica control e certificación das produccións agrícolas.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que teña relación directa coa supervisión e control de viveiros.

3. Criterios de selección.

Daráselles prioridade ás solicitudes daqueles funcionarios e persoal contratado que estean exercendo funcións de control e certificación no ámbito do Servicio de Producción Vexetal.

4. Desenvolvemento.

4.1. Número de edicións: 1.

4.2. Duración de cada curso: 15 horas.

4.3. Datas: setembro-outubro de 1999; a data de comezo e o lugar de realización notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

4.4. Lugares: Santiago de Compostela.

4.5. Horario: de 17 a 21 horas.

4.6. Número de prazas: 20

5. Contido.

Normativa comunitaria estatal e autonómica de producción, control e certificación de sementes e plantas de viveiro.