Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (Artiscar).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (Artiscar), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-2-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 22-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 8 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta de reunión da comisión negociadora

Asistentes:

Pola empresa:

Rodolfo Rodríguez.

Mª Luz García.

Juan Ferradáns.

Polo comité:

Adolfo Villar.

Manuel Otero.

Celso Prado.

Francisco Vázquez.

En Vigo, ás 17 horas do día 18 de xaneiro de 1999, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de Litografía La Artística Carnaud, S.A., acordándose:

1. Aproba-la táboa salarial do convenio para o ano 1999 (que se xunta á acta).

2. Actualizar:

Artigo 8º.-Salario.

(Parágrafo 1º). Nas táboas anexas figura o salario que rexerá para os anos 1998 e 1999.

Artigo 9º.-Antigüidade.

(Parágrafo 2º). Os traballadores qye non se encontren comprendidos no previsto no parágrafo anterior, unicamente terán dereito a percibir por este concepto, a partir do momento no que cumpran os tres primeiros anos de permanencia na empresa, unha cantidade fixa adicional e igual para tódolos que se atopen nesas circunstancias, de 10.225 ptas. en cada unha adas dúas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Artigo 12º.-Gratificación de transporte.

Manterase na contía e condicións de 1998.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias e de beneficios.

(Parágrafo 2º). Os traballadores percibirán unha gratificación de trinta días de salario base máis antigüidade, 3,4% nos casos que proceda, puntualidade e parte correspondente á media da prima, valorada en 6.307 ptas. en cada un dos meses de xullo e decembro, que se farán efectivas entre os días 15 e 20 dos meses correspondentes.

Artigo 16º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a eprcibir por cada fillo estudiante, despois de xustificación, a cantidade de 1.366 ptas. mensuais. A axuda escolar percibirase desde os tres ata os 30 anos de idade do fillo estudiante.

Artigo 24º.-Xubilacións.

(Parágrafos 1º e 2º). Os traballadores que cumpran 65 anos durante 1998 ou 1999 e reúnan o período de carencia e demais requisitos para cusar dereito á prestación de xubilación con cargo á Seguridade Social, estarán obrigados a xubilarse, por acordo do persoal no dito ano, percibindo como contraprestación e por unha soa vez, a cantidade de 350.000 ou 358.000 ptas. Así mesmo, percibirán este premio

todos aqueles traballadores que causen baixa na empresa por enfermidade ou accidente, sempre que leven cinco anos como mínimo nela. Para tal efecto aplicarase o que resolva a comisión de avaliación de incapacidades do INSS.

Se a xubilación se produce ós 64 anos, percibirase por unha soa vez, a cantidade de 423.000 ou 433.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 63 anos, percibirase por unha soa vez a cantidade de 453.000 ou 463.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 62 anos, percibirase por unha soa vez a cantidade de 489.000 ou 500.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 61 anos, percibirase por unha soa vez a cantiadde de 532.000 ou 544.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 60 anos, percibirase por unha soa vez a cantidade de 562.000 ou 575.000 ptas.

Artigo 30º.-Accidente laboral.

(Parágrafo 2º). Se a porcentaxe anual acumulada de absentismo, calculada o 31 de decembro de 1998 ou 1999 se mantén por debaixo do 3,5%, completarase desde o primeiro día ata o total do salario establecido no convenio, quedando excluídas as horas extraordinarias a todos aqueles traballadores que durante o ano causasen baixa por accidente laboral dentro do recinto de traballo e non cumprisen o requisito de hospitalización mencionado no parágrafo anterior.

Artigo 33º.-Autonomía.

As partes sométense ó presente convenio, con expresa exclusión de calquera outro que se establecese ou se estableza durante 1998 ou 1999, sexa por acordo entre as partes ou por resolución administrativa.

Referendamos estas actualizacións para que se publiquen no DOG.

Polo comité de empresaPola dirección de empresa

Táboa salarial 1999

Horas extras

CategoríasSoldosNormaisFestivas

Aprendiz de 4º ano 3.5921.4171.697
Peón 3.6211.5441.854
Especialista 1ª 4.4381.7582.104
Oficial 3ª 4.6511.8412.209
Oficial 2ª 4.8671.9262.310
Oficial 1ª 5.0792.0122.416
Oficial Espcia. litógrafo 5.2932.0982.514
Encargado de sección 5.5052.1842.619
Gardas e serenos 4.4381.7582.104
Porteiros 4.4381.7582.104
Almaceneiros e listeiros 4.6511.8412.209

Administrativos
Xefe de 1ª173.6672.2642.715
Xefe de 2ª167.3002.1842.619
Oficial de 1ª154.4892.0122.416
Oficial de 2ª147.9361.9262.310
Auxiliar141.7351.8412.209

Técnicos
Delineante, debuxante Proxec. 1ª156.0982.0342.440
Idem 2ª149.5481.9482.333
Idem 3ª143.0921.8602.232
Mestro encargado173.6672.2642.715
Titulado grao medio173.6672.2642.715
Titulado grao superior228.633