Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 5 de marzo de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal do Hospital do Meixoeiro durante a folga que se levará a efecto desde as 10 ás 11 horas do día 10 de marzo de 1999.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998 do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro que se levará a a efecto desde as 10 ás 11 horas do día 10 de marzo de 1999 oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada desde as 10 ás 11 horas do día 10 de marzo de 1999 que afecta o persoal do Hospital do Meixoeiro enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

É por iso, que se manteñen os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores para determina-los que se corresponden cos asinados coas centrais sindicais con motivo das folgas anteriores. Loxicamente, os citados criterios e a conseguiente determinación de efectivos para a presente folga adáptanse, en adecuada ponderación, á brevidade do tempo de duración dos paros da folga que nos ocupa.

Estes criterios rectores aplícanse do seguinte xeito:

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito.

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-la atención indefectible dos pacientes hospitalizados.

IV. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

V. Atenderanse tamén as consultas urxentes ou preferentes.

* Persoal sanitario non facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes e programados para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

IV. Unidades especiais.

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Dialise: o número necesario para garanti-los coidados dos doentes afectados.

V. Atenderanse tamén as consultas urxentes ou preferentes.

* Persoal non sanitario:

I. Áreas de hospitalización: número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

II. Servicio de admisión: número equivalente ó dos domingos ou festivos.

III. Cita previa: número de efectivos que garanta a atención ó doente que o requira 30%.

IV. Atención ó doente: número de efectivos que garanta a atención ó doente que o requira 30%.

V. Servicio de mantemento: número equivalente ós domingos e festivos.

VI. Servicios de lavandería: número equivalente ós domingos e festivos.

VII. Hostalería: número equivalente ós domingos e festivos.

VIII. Conductores: un efectivo.

IX. Servicios administrativos:

Dirección-Información e Control de Xestión: un efectivo por cada servicio.

De persoal: 40% dos efectivos.

De subministracións: 25% dos efectivos.

Almacéns: 25% dos efectivos.

Contabilidade: 25% dos efectivos.

Celadores: número equivalente ós domingos e festivos, quirófano 100%.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, e publicada nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1999.

José Mª. Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoal facultativo

*Facultativos de urxencias o 100%.

*Facultativos de garda o 100%.

*Facultativo de quirófano programado o 100%.

Servicios

S. mínimos

Nº efectivos

Análises clínicas1
Anatomía patolóxica1
Anestesia1
Aparello dixestivo1
Cardioloxía1
Cirurxía xeral1
Cirurxía plástica1
Endocrinoloxía1
Farmacia1
Xeriatría1
Xinecoloxía1
Hematoloxía2
Inmunoloxía1
Medicina interna1
Medicina nuclear1
Medicina preventiva1
Microbioloxía1
Nefroloxía1
Neumoloxía1
Neurofisioloxía 1
Neuroloxía1
O.R.L.1
Oftalmoloxía1
Oncoloxía1
Psiquiatría1
Radioloxía3
Rehabilitación1
Reumatoloxía1
Traumatoloxía1
U.C.I.2
Uroloxía1

Total36

Persoal sanitario non facultativo

CategoríaNº de efectivos

ATS/DUE67
Técnicos especialistas21
Fisioterapeutas4
Aux. de enfermería57

Total149

Persoal non sanitario

ServicioNº de efectivos

Admisión9 Aux. Adtivos.

P. subalterno25 celadores

Hostalería1 Aux. Adtivo.

6 lavandeiras

15 pranchadoras

1 gobernante

Servicios xerais1 Aux. Adtivo.

1 celador

1 telefonista

1 conductor

ServicioNº de efectivos

Mantemento1 Pers. de oficio

Subministracións/Almacén2 Aux. Adtivos. Sum.

1 Aux. Adm. almacén

2 celadores almacén

Persoal2 Aux. Adtivos.

Contabilidade1 Aux. Adtivos.

Xerencia1 Aux. Adm. dirección

2 azafatas

1 superv.-Att. paciente

1 Aux. Adm.-C. Xestión

Total75