Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 09 de marzo de 1999 Páx. 2.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de marzo de 1999 pola que se clasifica como benéfico-asistencial a Fundación Gabriel Portan Antón.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Gabriel Portal Antón, con domicilio en Ferrol (A Coruña).

Supostos de feito

1. José-Carlos Graña Gutiérrez, na súa calidade de presidente da entidade ASFEDRO, en escrito de vintedous de xullo de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ferrol, o día vintedous de xuño de 1998, ante o notario Juan Manuel Míguez Sanesteban, co número mil setecentos sesenta e un do seu protocolo por José Carlos Graña Gutiérrez, Ángel Gómez Míguez, Fernando Saavedra Pita, Rogelio Rodríguez García, Manuel Vázquez Méndez, Josefina Chao Montero, Manuela Charlón Fraga, Pascual Martínez Bellón, Juan Pérez López de Gamarra, Félix Sande Rodríguez e María Luz Vilar López, interveñen no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 2 dos seus estatutos o obxecto da fundación é o cumprimento dos fins xerais de interese galego de cara á elaboración de estudios e investigación, execución de programas referentes á promoción da información, prevención e incorporación socio-laboral dos drogodependentes da Área Sanitaria de Ferrolterra; para tal fin, entre outros, poderá desenvolve-las seguintes actividades.

A) Estudio e investigación sobre os efectos que xera na sociedade o uso e abuso do consumo de drogas.

B) Deseño e execución de programas destinados a promociona-la información á poboación en xeral, e especificamente, no ámbito educativo, familiar e movementos asociativos.

C) Promover e desenvolver estudios e programas sobre a incorporación socio-laboral dos drogodependentes, a través da cooperación coa iniciativa empresarial e as distintas administracións, así como fomenta-la creación de talleres e cursos de formación ocupacional e profesional.

4. O padroado da fundación estará constituído por José-Carlos Graña Gutiérrez como presidente, Ángel Gómez Míguez como vicepresidente 1º, Fernando Saavedra Pita como vicepresidente 2º, Rogelio Rodríguez García como secretario, Manuel Vázquez Méndez como tesoureiro-contador, Josefina Chao Montero, Manuela Charlón Fraga, Pascual Martínez Bellón, Juán Pérez López de Gamarra, Félix Sande Rodríguez e María Luz Vilar López como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-asistencial da Fundación Gabriel Portal Antón, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Sevicios Sociais.

Fundamentos de dereito

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral

de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 1 de marzo de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico-asistencial a Fundación Gabriel Portal Antón e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública