Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo único.
Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Bruxelas, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 9 de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.
Santiago de Compostela, oito de marzo de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente