Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MACEDA

ANUNCIO.

Logo de ser incluída na oferta de emprego público deste concello para o ano 1998, e aprobadas as bases polo Pleno na sesión celebrada con data do 30 de decembro de 1998, convócase a oposición para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar consonte as bases do teor literal seguinte:

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de oposición e promoción interna, dunha praza de auxiliar.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición e promoción interna, dunha praza de auxiliar, encadrada dentro da escala de Administración xeral, subescala auxiliar e dotada orzamentariamente coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D, así como as complementarias acordadas pola Corporación ou que procedan segundo a normativa vixente.

Declárase expresamente que o tribunal que xulgará as probas selectivas non poderá aprobar nin declarar que superou as probas máis que o aspirante que obtivera maior puntuación no conxunto dos catro exercicios da oposición.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos ás probas selectivas, os aspirantes necesitarán reuni-los seguintes requisitos:

2.1. Xerais: de acordo co artigo 135 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, para ser admi

tido ás probas selectivas será necesario que os aspirantes reúnan os requisitos sinalados neste artigo, sen o límite de idade máxima a que fai referencia a alínea b) do citado artigo.

2.2. Específicos:

2.2.1. Posuí-lo título de graduado escolar, FP-1 ou equivalente.

2.2.2. Pertencer a unha escala de Administración xeral ou especial deste concello, cunha antigüidade de polo menos dous anos de servicios prestados en propiedade. Os requisitos deste apartado acreditaranse mediante certificación expedida polo secretario do concello.

Tódolos requisitos establecidos nos apartados desta base, deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Terceira.-Solicitudes.

As solicitudes para participar na oposición, que deberán ir acompañadas da focotopia compulsada do DNI, e da certificación esixida na base 2.2.2, e nas que os aspirantes manifestarán que reúnen tódalas condicións que se esixen na base segunda, e de que, no caso de ser nomeado, se compromete a prestar xuramento ou promesa nos termos que establece o Real decreto 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no BOE, no que constarán os números e datas do Diario Oficial de Galicia e do BOP de Ourense en que aparezan publicadas as bases.

Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 2.000 pesetas, serán satisfeitos polos aspirantes ó presenta-la instancia, ou na forma prevista no artigo 38.6º da LRXPAC.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados,logo da petición, unicamente ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente de participar na oposición.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde aprobará a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, indicando, neste último caso, as causas da exclusión, que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, concedéndolles un prazo de 10 días hábiles para reclamacións.

Transcorrido o dito prazo, a lista provisional entenderase automaticamente elevada a definitiva de non presentaren reclamacións. No caso contrario, as reclamacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva e que se fará pública da mesma maneira.

Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado, de conformidade co disposto no artigo 105 da LRXPAC.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído da seguinte maneira:

-Presidente: o da Corporación ou membro desta en quen delegue.

-Secretario: o da Corporación ou funcionario de Administración local en quen delegue.

-Vocais:

-Un concelleiro do Partido Popular.

-Un concelleiro do Bloque Nacionalista Galego.

-Un representante sindical.

-Un representante da Xunta de Galicia.

-Un funcionario de carreira nomeado pola Alcaldía.

Os vocais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada. O tribunal quedará integrado, ademais, polos membros suplentes respectivos, que serán designados conxuntamente cos titulares. O presidente poderá pedi-la colaboración dun asesor en calquera dos exercicios que se realizarán.

A composición do tribunal farase pública no BOP e no taboleiro de edictos.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente e, en todo caso, do presidente e secretario ou quen os substitúa.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ó previsto nestas bases, quedando facultado para resolve-las incidencias que se produzan e as dúbidas que se presenten sobre a interpretación destas bases e para adopta-los acordos e resolucións necesarias para mante-la boa orde das probas e, en xeral, no desenvolvemento da convocatoria.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte e de intervir, notificándollo á autoridade convocante cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da LRXPAC, podendo os aspirantes recusar a aqueles en tales casos.

Sexta.-Desenvolvemento da oposición.

A orde de actuación dos opositores naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, establecerase ó chou.

A data e lugar no que comezarán os exercicios serán anunciados, como mínimo, con 15 días naturais de antelación no BOP e no taboleiro de anuncios.

A data de realización do resto dos exercicios da oposición farase pública unicamente no taboleiro de anuncios do concello. Cando non se realicen tódolos exercicios no mesmo día, os opositores serán convocados todos e cada un deles en chamamento único, salvo no caso de que non fose posible, por causa debidamente xustificada e sempre decidida libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio: exercicio práctico, que consistirá nunha copia á máquina, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 230 pulsacións por minuto en máquina de escribir mecánica, e de 270 pulsacións por minuto en máquina de escribir eléctrica.

Para a realización deste exercicio, os opositores virán provistos de máquina de escribir mecánica ou eléctrica. Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e a exactitude do copiado e as correccións que presente o escrito.

Segundo exercicio: consistirá en desenvolver por escrito, dous temas do programa anexo, elixidos ó chou, nun tempo máximo de noventa (90) minutos. Os opositores lerán publicamente o seu exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos, de carácter informático, con utilización de procesador de textos Word Perfect e base de datos Access en ordenador que facilitará o concello. O exercicio realizarase no tempo que sinale o tribunal, valorando a velocidade, exactitude e grao de coñecemento dos programas.

Cuarto exercicio: consistirá en realizar por escrito e nun máximo de vinte minutos unha traducción de idioma castelán para o idioma galego e inversa, duns textos facilitados polo tribunal. Os opositores lerán, así mesmo, publicamente o exercicio.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

Tódolos exercicios son obrigatorios e eliminatorios, sendo puntuados polo tribunal de 0 a 10 puntos. É preciso obter 5 puntos para pasar ó seguinte. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios.

Ó rematar cada un dos exercicios, o tribunal fará público nos lugares de exame as cualificacións.

Novena.-Relación de aprobados e presentación de documentos.

Rematada a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos do concello o nome do opositor aprobado, non podendo aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó da praza convocada.

Simultaneamente á súa publicación, o tribunal elevará a relación expresada á Alcaldía, e proporá o nomeamento correspondente. Ó propio tempo, remitiralle á citada autoridade a acta da última sesión.

Tendo en conta que, no caso de supera-las probas algún opositor, este xa tería a condición de funcionario do concello, estaría exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo, o aspirante proposto polo tribunal cualificador será nomeado funcionario

de carreira polo órgano municipal correspondente. O nomeamento deberá publicarse no BOE.

Efectuado o nomeamento, o aspirante deberá tomar posesión no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte a aquel no que lle sexa notificado o nomeamento.

Para a toma de posesión o interesado comparecerá, durante calquera dos días expresados, no concello; neste intre, e como requisito para estende-la dilixencia que a constante, deberá presta-lo xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

De non tomar posesión sen causa xustificada, dentro do prazo indicado, non adquirirá a condición de funcionario, e perderá tódolos dereitos derivados das probas selectivas e do subseguinte nomeamento.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto nestas bases, serán de aplicación xeral as normas contidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de réxime local, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, na Lei 23/1988, do 28 de xuño, de modificación da anterior, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado e no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

Décimo segunda.-Recursos.

Contra os actos de aprobación das presentes bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo, no prazo dos dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Unha vez publicada a convocatoria e as súas bases para a modificación, anulación ou revisión destas, haberá que aterse ó establecido nos artigos 53 e 100.2º da Lei 7/1985, así como ó disposto na LRXPAC.

Programa

Temas

Tema 1. A Constitución española de 1978. Significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións do Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O Poder Xudicial.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración púbica no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Os ministros.

Tema 6. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A competencia da comunidade. O Parlamento, a Xunta e o seu presidente.

Tema 7. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Os recursos administrativos.

Tema 8. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 9. O municipio. O concello. A poboación. O empadroamento.

Tema 10. Organización municipal. Competencias. O alcalde, elección, deberes e atribucións. O Pleno do Concello. A Comisión de Goberno.

Tema 11. Outras entidades locais. Mancomunidades, agrupacións, entidades locais de ámbito inferior ó municipio.

Tema 12. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedementos de elaboración e aprobación.

Tema 13. A función pública local e a súa organización. Oferta de emprego público. Relacións de postos de traballo. O réxime de incompatibilidades. Dereitos e deberes.

Tema 14. Os contratos administrativos. Principios xerais. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da administración.

Tema 15. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 16. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos.

Tema 18. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 19. Réxime xurídico do gasto público local. Clasificación funcional e económica.

Tema 20. Os orzamentos locais: contido. Elaboración e aprobación. Execución. As modificacións orzamentarias.

Maceda, 27 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado