Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

A Comisión de Goberno municipal de Meis, en sesión do 25 de xaneiro de 1999, aprobou o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerá a contratación, mediante concurso por procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de construcción dun centro social na Armenteira, do PAM-97, quedando expostos ó público os ditos pregos durante oito días hábiles, con obxecto de presentación de reclamacións.

Asemade anuncio concurso público, se ben a licitación se aprazará no caso de se presentaren reclamacións ós pregos de cláusulas administrativas.

a) Obxecto: construcción dun centro social en Vilar, parroquia da Armenteira.

b) Prezo. 12.000.000 de pesetas.

c) Tramitación do expediente: urxente.

d) Garantías:

Provisional: 2 % do tipo de licitación.

Definitiva: 4 % do importe da adxudicación.

e) Prazo de execución: tres meses.

f) Obtención de documentación e información: o modelo de proposición, pregos de cláusulas administrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais tódolos días hábiles de 9 a 14 horas.

g) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

h) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Experiencia en obras de natureza análoga. Melloras no prezo.

g) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás doce horas do cuarto día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación das propostas.

Meis, 25 de xaneiro de 1999.

Jorge Casal Pintos

Alcalde