Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 08 de marzo de 1999 Páx. 2.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MACEDA

ANUNCIO.

Logo de ser incluída na oferta de emprego público deste concello para o ano 1998, e aprobadas as bases polo Pleno na sesión celebrada con data do 30 de

decembro de 1998, convócase oposición para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar consonte as bases do teor literal seguinte:

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar, encadrada dentro da escala de Administración xeral, subescala auxiliar e dotada orzamentariamente coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D, así como as complementarias acordadas pola corporación ou que procedan segundo a normativa vixente.

Declárase expresamente que o tribunal que xulgará as probas selectivas non poderá aprobar nin declarar que superou as probas máis que o aspirante que obtivera maior puntuación no conxunto dos cinco exercicios da oposición.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Poderán participar na oposición os aspirantes que reúnan os seguintes requisitos, referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Posuí-lo título de graduado escolar, FP-1 ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, ás comunidades autónomas ou ás entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso en ningunha causa legal de incapacidade ou incompatibilidade, de acordo co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, sen prexuízo para os que ocupan xa un cargo público ou unha actividade privada incompatible de poder exerce-lo dereito de opción a que se refire o artigo 10 da citada lei.

Terceira.-Solicitudes.

As solicitudes para participar na oposición, que deberán ir acompañadas da focotopia do DNI, nas que os aspirantes manifestarán que reúnen tódalas condicións que se esixen na base segunda, e de que, no caso de ser nomeado, se compromete a prestar xuramente ou promesa nos termos que establece o Real decreto 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse

ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no BOE, no que constarán os números e datas do Diario Oficial de Galicia e do BOP de Ourense en que aparezan publicadas as bases.

Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 2.000 pesetas, serán satisfeitos polos aspirantes ó presenta-la instancia, ou na forma prevista no artigo 38.6º da LRXPAC.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, logo da petición, unicamente ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente de participar na oposición.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde aprobará a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, indicando, neste último caso, as causas da exclusión, que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, concedéndolles un prazo de 10 días hábiles para reclamacións.

Transcorrido o dito prazo, a lista provisional entenderase automaticamente elevada a definitiva de non presentaren reclamacións. No caso contrario, as reclamacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva e que se fará pública da mesma maneira.

Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado, de conformidade co disposto no artigo 105 da LRXPAC.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído da seguinte maneira:

-Presidente: o da Corporación ou membro desta en quen delegue.

-Secretario: o da Corporación ou funcionario de Administración local en quen delegue.

-Vocais:

-Un concelleiro do Partido Popular.

-Un concelleiro do Bloque Nacionalista Galego.

-Un representante sindical.

-Un representante da Xunta de Galicia.

-Un funcionario de carreira nomeado pola alcaldia.

Os vocais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada. O tribunal quedará integrado, ademais, polos membros suplentes respectivos, que serán designados conxuntamente cos titulares. O presidente poderá solicita-la colaboración dun asesor en calquera dos exercicios que se realizarán.

A composición do tribunal farase pública no BOP e no taboleiro de edictos.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente, e en todo caso do presidente e secretario ou quen os substitúa.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ó previsto nestas bases, quedando facultado para resolve-las incidencias que se produzan e as dúbidas que se presenten sobre a interpretación destas bases e para adopta-los acordos e resolucións necesarios para mante-la boa orde das probas e, en xeral, no desenvolvemento da convocatoria.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte e de intervir, notificándollo á autoridade convocante cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da LRXPAC, podendo os aspirantes recusar a aqueles en tales casos.

Sexta.-Desenvolvemento da oposición.

A orde de actuación dos opositores naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, establecerase por sorteo.

A data e lugar no que comezarán os exercicios serán anunciados, como mínimo, con 15 días naturais de antelación no BOP e no taboleiro de anuncios.

A data de realización do resto dos exercicios da oposición farase pública unicamente no taboleiro de anuncios do concello. Cando non se realicen tódolos exercicios no mesmo día, os opositores serán convocados todos e cada un deles en chamamento único, salvo no caso de que non fose posible, por causa debidamente xustificada e sempre decidida libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio: consistirá na toma taquigráfica dun dictado, a unha velocidade de 70 a 90 palabras por minuto, durante cinco minutos, e traducción á man nun tempo máximo de trinta minutos.

Segundo exercicio: exercicio práctico, que consistirá nunha copia á máquina, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto en máquina de escribir mecánica, e de 300 pulsacións por minuto en máquina de escribir eléctrica.

Para a realización deste exercicio, os opositores virán provistos de máquina de escribir mecánica ou eléctrica. Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e a exactitude do copiado, e as correccións que presente o escrito.

Terceiro exercicio: consistirá en desenvolver, por escrito, dous temas do programa anexo, elixidos ó chou, nun tempo máximo de noventa (90) minutos. Os opositores lerán publicamente o seu exercicio.

Cuarto exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos, de carácter informático, con utilización de procesador de textos Word Perfect e base de datos Access en ordenador que facilitará o con

cello. O exercicio realizarase no tempo que sinale o tribunal, valorando a velocidade, exactitude e grao de coñecemento dos programas.

Quinto exercicio: consistirá en realizar por escrito e nun máximo de vinte minutos unha traducción de idioma castelán ó idioma galego e inversa, duns textos facilitados polo tribunal. Os opositores lerán, así mesmo, publicamente o exercicio.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

Tódolos exercicios son obrigatorios e eliminatorios, sendo puntuados polo tribunal de 0 a 10 puntos. É preciso obter 5 puntos para pasar ó seguinte. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios.

Ó rematar cada un dos exercicios, o tribunal fará público nos lugares de exame as cualificacións.

Novena.-Relación de aprobados e presentación de documentos.

Rematada a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos do concello o nome do opositor aprobado, non podendo aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó da praza convocada.

Simultaneamente á súa publicación, o tribunal elevará a relación expresada á alcaldía, e proporá o nomeamento correspondente. Ó propio tempo, remitiralle á citada autoridade a acta da última sesión.

O aspirante proposto presentará na secretaría xeral do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos seguintes, acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

a) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) do DNI.

b) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) da titulación esixida na base 2ª.

c) Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública, así como de non atoparse incurso nalgunha das causas legais de incapacidade ou incompatibilidade previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Se tivese a condición de funcionario público, estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente a certifdicación da administración pública da que dependa, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a documentación ou dela se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado,

e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na súa instancia ou solicitude de participación.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo, o aspirante proposto polo tribunal cualificador será nomeado funcionario de carreira polo órgano municipal correspondente. O nomeamento deberá publicarse no BOE.

Efectuado o nomeamento, o aspirante deberá tomar posesión no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte no que lle sexa notificado o nomeamento.

Para a toma de posesión o interesado comparecerá, durante calquera dos días expresados, no concello; neste intre, e como requisito para redacta-la dilixencia que a constate, deberá presta-lo xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

De non tomar posesión sen causa xustificada, dentro do prazo indicado, non adquirirá a condición de funcionario, e perderá tódolos dereitos derivados das probas selectivas e do subseguinte nomeamento.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto nestas bases, serán de aplicación xeral as normas contidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de réxime local, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, na Lei 23/1988, do 28 de xuño, de modificación da anterior, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado e no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

Décimo segunda.-Recursos.

Contra os actos de aprobación das presentes bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo, no prazo dos dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no BOP ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Unha vez pulicada a convocatoria e as súas bases para a modificación, anulación ou revisión destas, haberá que aterse ó establecido nos artigos 53 e 100.2º da Lei 7/1985, así como ó disposto na LRXPAC.

Programa

Temas

Tema 1. A Constitución española de 1978. Significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións do Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O poder xudicial.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Os ministros.

Tema 6. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de Autonomía. A competencia da comunidade. O Parlamento, a Xunta e o seu presidente.

Tema 7. Os dereitos e os deberes dos veciños no ámbito local. Información e participación cidadán. O cidadán como cliente e como usuario dos servicios públicos.

Tema 8. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Os recursos administrativos.

Tema 9. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 10. O municipio. O concello. A poboación. O empadroamento.

Tema 11. Organización municipal. Competencias. O alcalde, elección, deberes e atribucións. O Pleno do Concello. A Comisión de Goberno.

Tema 12. Outras entidades locais. Mancomunidades, agrupacións, entidades locais de ámbito inferior ó municipio.

Tema 13. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedementos de elaboración e aprobación.

Tema 14. A función pública local e a súa organización. Oferta de emprego público. Relacións de postos de traballo. O réxime de incompatibilidades. Dereitos e deberes.

Tema 15. A Seguridade Social dos funcionarios da Administración local.

Tema 16. Os contratos administrativos. Principios xerais. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da administración.

Tema 17. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 18. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos, o seu funcionamento. Requisitos na presentación de documentos. A informatización dos rexistros. Comunicacións e notificacións.

Tema 19. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos.

Tema 20. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 21. Réxime xurídico do gasto público local. Clasificación funcional e económica.

Tema 22. Os orzamentos locais: contido. Elaboración e aprobación. Execución. As modificacións orzamentarias.

Tema 23. Definición de informática. Concepto de ordenador. Clasificación dos ordenadores. A unidade central de proceso. Dispositivo de entrada e saída. O sistema lóxico (software). Sistemas operativos.

Tema 24. Bases de datos, necesidade. Procesadores de textos. Follas de cálculo. Gráficos. Paquetes integrados.

Maceda, 27 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado