Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 12 de febreiro de 1999 pola que se aproba a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B, C, D, E, F, H e I, situados no distrito marítimo de Cambados, provincia de Pontevedra.

Os polígonos de bateas denominados A, B, C, D, E, F, H e I, situados no distrito marítimo de Cambados foron creados por orde do Ministerio de Comercio do 14 de febreiro de 1974 (BOE do 28 de marzo).

O Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, transfírelle á Xunta de Galicia as competencias en materia de marisqueo e acuicultura con carácter de exclusivas, de acordo co artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e o 148.11º 11 da Constitución. No exercicio destas competencias e no cumprimento do disposto no artigo 1 do Decreto 197/1986, do 12 de xuño, e o 3 do Regulamento para explotación de bateas situadas en zona marítima, aprobado polo Decreto 2559/1961, do 30 de novembro, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, en virtude da Orde do 4-5-1987 (DOG nº 96 e 100), declara de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos polígonos A, B, C, D, E, F, H e I do distrito marítimo de Cambados.

En consecuencia, unha vez redactado o proxecto e o acordo de reordenación, tramitados conforme o procedemento establecido no Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13, do 20 de xaneiro de 1994), e declarado firme o acordo de reordenación por resolución da Dirección Xeral de Recursos Mari

ños, do 29 de xaneiro de 1999, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Quedan constituídos e delimitados os novos polígonos A, B, C e E do distrito marítimo de Cambados, que substitúen os antigos A, B, C, D, E, F, H e I coa capacidade, situación e circunstancias que se indican no anexo desta orde.

Segundo.-As concesións administrativas de bateas existentes nos polígonos obxecto de reordenación e pertencentes ós concesionarios recoñecidos nas bases de revisión, mantéñense nas mesmas condicións das respectivas ordes de outorgamento, excepto no que se refire á cuadrícula ou punto de fondeo, que quedan anuladas pola presente orde e substituídas polas cuadrículas asignadas no acordo de reordenación.

Quedarán igualmente rectificadas as concesións no referente ás dimensións do artefacto, número de cordas e cultivo autorizado, que terán que axustarse ás determinacións do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), e o prazo da concesión, que se limita a 30 anos, conforme coa Lei 6/1993, do 11 de maio.

Terceiro.-Os concesionarios de bateas deberán traslada-los artefactos no prazo máximo de 3 meses, facendo efectiva a toma de posesión das novas cuadrículas. Transcorrido este prazo, a consellería incoaralle-lo correspondente expediente de caducidade por aplicación do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, ás concesións das bateas que non estean no punto asignado no acordo de reordenación.

Cuarto.-Os artefactos fondeados nos polígonos pertencentes a propietarios que non fosen recoñecidos como concesionarios nas bases de revisión e os de propietario descoñecido, serán considerados clandestinos, procedendo a súa retirada, en aplicación dos artigos 42 e 44 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro.

Quinto.-As peticións de concesión administrativa de bateas referentes a cuadrículas antes existentes nos polígonos obxecto de reordenación e que estean en tramitación no momento de entrar en vigor esta orde, quedan desestimadas en aplicación do artigo 51 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto na presente orde, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente a Orde do 14 de febreiro de 1974, no relativo ós polígonos A, B, C, D, E, F, H e I do distrito marítimo de Cambados.

Disposición final

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1999.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

PolígonovérticeLatitudeLonxitude

AA42º 34' 50''08º 52' 00''
B42º 35' 04''08º 50' 58''
C42º 33' 24''08º 50' 55''
D42º 33' 22''08º 51' 12''
E42º 34' 05''08º 51' 14''
F42º 34' 19''08º 51' 29''
G42º 34' 00''08º 52' 00''
H42º 34' 00''08º 52' 10''

Consta de 209 puntos de fondeo ou cuadrículas das que se ocupan 183 con viveiros procedentes dos antigos A (89), B (34), C (9), D (12), E (36) e I (3).

PolígonovérticeLatitudeLonxitude

BA42º 34' 24''08º 53' 54''
B42º 34' 45''08º 52' 20''
C42º 34' 28''08º 52' 24''
D42º 34' 33''08º 52' 29''
E42º 34' 24''08º 53' 06''
F42º 34' 13''08º 53' 07''
G42º 34' 09''08º 53' 19''

Consta de 67 puntos de fondeo ou cuadrículas das que se ocupan 42 con viveiros procedentes dos antigos polígonos D (6), E (11) e H (25).

PolígonovérticeLatitudeLonxitude

CA 42º 32' 58''08º 55' 08''
A-142º 33' 07''08º 55' 00''
B 42º 34' 23''08º 53' 55''
B-142º 33' 18''08º 54' 51''
C 42º 33' 38''08º 53' 15''
C-142º 33' 28''08º 52' 57''
D 42º 33' 13''08º 52' 33''
D-142º 33' 20''08º 52' 43''
E 42º 32' 57''08º 52' 39''
F 42º 32' 57''08º 53' 06''
G 42º 32' 31''08º 53' 34''
H 42º 33' 48''08º 54' 29''
I 42º 32' 45''08º 54' 44''

Consta de 395 puntos de fondeo ou cuadrículas das que se ocupan 230 con viveiros procedentes dos antigos polígonos F.

PolígonovérticeLatitudeLonxitude

EA42º 33' 48''08º 50' 45''
B42º 33' 46''08º 50' 29''
C42º 33' 29''08º 50' 35''
D42º 33' 36''08º 50' 45''

Consta de 19 puntos de fondeo ou cuadrículas das que se ocupan 18 con viveiros procedentes do antigo polígono I.