Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Téc
nico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Acuña nº 12.
Cultivo: mexillón (mytilus galloprovincialis).
Localización: Redondela D, cuadrícula nº 5.
Data da concesión: 28-2-1975.
Data na que remata a última prórroga: 25-11-2004.
Anterior concesionario: Oliva Barciela Bar (35.852.606-E).
Novo titular da concesión: María Rivas Fernández (76.798.583-L), Manuel Ríos Iglesias (35.210.022-N).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 9 de febreiro de 1999.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10 de xullo)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo