Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que somete a información pública a solicitude de aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial Nuestra Señora de los Ángeles, coñecido tamén como Burga do Tremo, sito no concello de Brión, provincia da Coruña.

Segundo o establecido no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aprovietamento de augas mine

romediciais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 266, do 19-11-1996) sométese a información pública, durante un prazo de 20 días contados a partir da publicación do presente anuncio, a solicitude presentada por Ramón López Casal, en nome e representación de Balneario do Tremo, S.L, con enderezo para efectos de notificacións na Avda. da Mahía, nº 127, Bertamiráns-Ames, ( A Coruña), de autorización de aproveitamento das augas mineromedicinais do manancial Nuestra Señora de los Ángeles,

coñecido tamén como Burga do Tremo, sito no lugar denominado O Tremo, concello de Brión, na provincia da Coruña, co fin de que os interesados, propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección proposto, poidan alegar canto conveña ós seus intereses.

Proposta do perímetro de protección:

-Zona de protección máxima:

Lonxitude WLatitude N

8º 39' 41,67''42º 51' 12,11''-Zona de protección media

VérticeDenominaciónLonxitude WLatitude N

1Cruzamento río Pego-Estr. C-5438º 40' 19,15''42º 51' 16,36''
2Riba da Cerca8º 40' 03,60''42º 51' 40,63''
3Casaliño8º 39' 34,92''42º 51' 47,02''
4Cruzamento C-543-Estr. Osebe8º 38' 59,71''42º 51' 38,81''
5Desembocadura Aº Pego en río Sar8º 38' 55,49''42º 51' 06,38''
6Vilanova8º 39' 39,60''42º 50' 56,79''

-Zona de protección mínima:

1Os Ánxeles8º 40' 23,64''42º 51' 00,16''
2Vértice xeodésico Sardante8º 40' 41,71''42º 52' 31,92''
3Pegariños8º 39' 38,94''42º 52' 58,36''
4Vértice xeodésico de Ames8º 39' 17,62''42º 54' 20,93''
5Ermida San Marcos8º 38' 05,79''42º 54' 35,65''
6Cerro Luceiro8º 37' 13,09''42º 53' 59,49''
7Cerro Chao do Penedo Branco8º 37' 11,10''42º 53' 25,45''
8Vértice xeodésico costa8º 37' 34,70''42º 52' 39,23''
9Desembocadora Aº Pego en río Sar8º 38' 55,49''42º 51' 06,38''
10Vilanova8º 39' 39,60''42º 50' 56,79''

Para os efectos informativos estará a disposición dos interesados un exemplar nas oficinas desta delegación provincial, sección de minas e nos concellos de Carballo, Ponteceso e Malpica de Bergantiños. As alegacións poderanse formular durante o prazo sinalado.

A Coruña, 16 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña