Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución de instalación eléctrica que se cita. (Expediente 74/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e Decretos 2617 e 2619/1966, do 30 outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitorias incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Euro Vento, S.L. Unipersonal con domicilio na rúa Galeras número 17, 3º, 15705 Santiago de Compostela, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

L-A-T- 30 kV subterránea Paxareiras-Parque Eólico da Ruña (antes nomeado Paxareiras II-F) de 2.240 m de lonxitude sobre apoios metálicos y conductor LA-280.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15701 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñocidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 19 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: L.A.T. 30 kV Sub. Paxareiras-P.E. da Ruña (Paxareiras IIF)Termo municipal: Mazaricos (A Coruña)

Empresa beneficiaria: Euro Vento, S.L.

AFECCIÓN (*)

SuperficieVoo

NºPredioPropietarioEnderezoCultivoApoioSuperficie

mSuperficie

m lineaisSuperficie

m (**)

1Monte de

Fornís

Comunidad

M.V.M.C. Fornís

Fornís, 10,

15256 Mazaricos

Pte. Pedro Cernadas

Sendón

PradoTramo

subterrá-

neo 140

2Monte de

Fornís

Comunidad

M.V.M.C. Fornís

Fornís, 10, 15256 Mazaricos

Pte. Pedro Cernadas Sendón

Prado

Monte

baixo

1, 2, 3,

4, 5, 6,

7

411.20319.248
3FornísPedro Cernadas

Sendón

Fornís, 10, 15256 MazaricosPiñeiro741.480
4RuñaConcello de

Mazaricos

A Picota, s/n, 15256 Mazaricos

Alcalde José M. Santos

Maneiro

Monte

baixo

8, 9,

10, 11

3296515.440

(*) A afección consiste na imposición de servidume de paso eléctrico.

(*) Superficie de afección de voo considerando o largo de rúa de 16 metros para monte baixo e 20 metros para monte alto.