Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Interior, pola que se dispón a publicidade do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de setembro de 1998, do expediente sancionador en materia de xogo OR-1/1998.

Intentada a notificación directa a María Luisa Pereira Meira, titular do establecemento Pub Caprichos, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de setembro de 1998, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resólvese, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte acordo do Consello da Xunta de Galicia:

1. Sanciona-la titular do establecemento Pub Caprichos, María Luisa Pereira Meira, sito en Listanco, no concello de Maside (Ourense), cunha multa dun millón cen mil pesetas (1.100.000 pts.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable polos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter unha máquina recreativa de tipo B

carecendo da documentación esixida pola lexislación vixente.

2. Impoñer como sanción accesoria o comiso definitivo para a destrucción da máquina en cuestión, tal e como se establece no artigo 31.1º da Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, con entrega da recadación existente a favor do Tesouro desta Comunidade Autónoma.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda Galega, de multas e sancións, nº 311-400-605 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Ourense. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1999.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior