Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación de dous expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 742 e 743/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructor do expediente a Julián Alonso García, posto base grupo A e secretaria a Ángeles San Martín Outeiral, posto base grupo B, ámbolos dous do Servicio de Interior, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 2 de febreiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial

ANEXO

Número expediente: 742/1998.

Denunciado: José Luis Orgeira Díaz.

DNI: 32.666.713

Enderezo: r/ Los Ángeles, 101-baixo, Ares.

Establecemento: Café Bar Cromlech.

Precepto infrinxido: 23-e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.

Número expediente: 743/1998.

Denunciado: José Luis Orgeira Díaz.

DNI: 32.666.713

Enderezo: r/ Los Ángeles, 101-baixo, Ares.

Establecemento: Café Bar Cromlech.

Precepto infrinxido: 23-e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 50.001 ata 5.000.000 de ptas.