Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.552

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 22 de febreiro de 1999 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1999.

De acordo co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e nos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio),

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Períodos hábiles para a pesca do salmón (Salmo salar).

Do 21 de marzo ó 25 de xullo nos lotes 7, 8 e 9 do couto de Abres e 3, 4, e 5 do couto da Pontenova no río Eo.

Do 1 de maio ó 25 de xullo nos lotes 4, 5 e 6 do couto de Abres, no couto de San Tirso e nos lotes 1 e 2 do couto da Pontenova no río Eo.

Do 9 de maio ó 15 de xullo no couto de Frieira no río Miño.

Do 9 de maio ó 30 de xuño no couto de Celeiro (río Masma), nos lotes 2 e 3 do couto de Viveiro (río Landro), no couto de Betanzos (río Mandeo) e nos coutos de Sinde e Couso (río Ulla).

Nas restantes masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a pesca do salmón.

Artigo 2º.-Períodos hábiles para a pesca do reo (Salmo trutta, ecotipo migrador).

Do 9 de maio ó 31 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia.

Do 9 de maio ó 30 de setembro nos coutos de Viveiro (río Landro), lotes 2 e 3 de Celeiro (río Masma), Ribeiras (río Sor), Segade (río Sor), Xubia (río Xubia), Ombre (río Eume), Betanzos (río Mandeo), Ponte do Porto (río Grande), Noia (río Tambre), Ponte Arnelas (río Umia), Sinde (río Ulla), Couso (río Ulla) e Soutomaior (río Verdugo).

Do 9 de maio ó 15 de agosto nos tramos do río Eo compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias (lotes 4, 5, 6, 7, 8 e 9 do couto de Abres, 1, 2 e 3 do couto de San Tirso e 4 e 5 do couto da Pontenova).

Do 9 de maio ó 30 de xuño no couto de Monteporreiro (río Lérez).

Artigo 3º.-Períodos hábiles para a pesca da troita (Salmo trutta).

Do 19 de marzo ó 31 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia.

Do 21 de marzo ó 22 de agosto no tramo do río Navia compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias.

Do 9 de maio ó 15 de agosto nos tramos do río Eo compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias.

Nas masas de auga habitadas por salmón ou reo, e por mor de protexe-la baixada cara ó mar destas especies migradoras, nos réximes especiais de cada provincia aprázase ata o mes de maio o inicio da temporada para a troita e outras especies.

Artigo 4º.-Períodos hábiles para a pesca de especies distintas dos salmónidos.

-Anguía (Anguilla anguilla).

Do 19 de marzo ó 31 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia.

Autorízase a captura da angula ou meixón nos ríos das provincias da Coruña e de Lugo de conformidade co disposto nos réximes especiais.

-Saboga e sábalo ou zamborca (Alosa sp).

Do 9 de maio ó 30 de xuño no tramo do río Ulla comprendido entre o límite superior do couto de Sinde e a desembocadura e no tramo do río Umia

comprendido entre o límite superior do couto de Pontearnelas e a desembocadura.

No resto das masas de auga da Comunidade Autónoma non se autoriza a súa pesca.

-Ciprínidos.

Do 19 de marzo ó 31 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia.

-Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes).

Non se autoriza a súa pesca.

-Black-bass ou perca negra (Micropterus salmoides).

Do 19 de marzo ó 31 de agosto con carácter xeral, sen prexuízo do disposto nos réximes especiais en cada provincia.

-Lamprea (Petromizon marinus).

Autorízase a captura da lamprea no río Tea de conformidade co disposto nos réximes especiais publicados no BOP de Pontevedra nº 221, do 16 de novembro de 1998.

Autorízase a captura da lamprea no río Ulla de conformidade co disposto nos réximes especiais publicados no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 12 de decembro de 1998.

-Especies típicas de esteiros.

O período hábil para a captura da solla (Platichthys flessus), da robaliza (Dicentrachus labrax) e do muxo (Liza spp., Chelon labrosus) será do 19 de marzo ó 31 de agosto, agás no caso de que exista unha normativa específica para as zonas de desembocadura nos réximes especiais de cada río.

No caso do resto das especies piscícolas non citadas explicitamente neste artigo, o período hábil será o comprendido entre o 19 de marzo e o 31 de agosto.

Artigo 5º.-Dimensións mínimas e cotas de captura con carácter xeral.

De conformidade co establecido no artigo 71 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1994, do 14 de maio), fíxanse as seguintes dimensións mínimas e cotas de captura:

EspecieLonxitudePezas por pescador e día

Salmón40 cmUnha

Reo30 cmCinco

Troita19 cmQuince

Zamborca e saboga20 cmCinco

Barbo18 cmSen límite

Anguía20 cmSen límite

Robaliza36 cmSen límite

Solla25 cmSen límite

Muxo20 cmSen límite

Nos ríos nos que haxa troita e mais reo só se poderá capturar un número de pezas igual ó da cota da troita, das que un máximo de 5 exemplares poderán ser reos.

No caso da anguía autorízase a súa captura en fase de angula ou meixón de conformidade co disposto nos réximes especiais.

No caso da anguía, robaliza, solla, muxo e demais especies típicas de esteiros, a cota máxima de capturas por persoa e día é de oito quilogramos nunha ou varias pezas. Poderase excede-lo citado límite cando coa primeira ou segunda peza se superen os 8 kg.

Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita «arco da vella» (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.

O resto das especies piscícolas autorizadas e non citadas explicitamente neste artigo non terán limitada a lonxitude aproximada de captura nin a cota por pescador e xornada, agás o disposto nos réximes especiais de cada provincia.

Artigo 6º.-Excepcións nas dimensións mínimas e nas cotas de captura no caso da troita.

-Fíxase a dimensión mínima en 17 cm e a cota de captura en 15 troitas por pescador e día, nos seguintes coutos:

Couto de Cenza (río Cenza).

Couto de Cenza sen morte (río Cenza).

Couto de Conso (río Conso).

Couto da Veiga (río Xares).

Couto de Doiras (río Cancelada).

Couto de Muras (río Eume).

Couto de Monterroso (río Ulla).

Couto de Vilarraso (río Deo).

Couto de Negreira (ríos Barcala e Alvariño).

Couto de Rubín (río Curantes).

Couto de Lalín (río Deza).

Couto de Forcarei (río Lérez).

Só se poderá ter troitas de tamaño comprendido entre 17 e 19 cm estando en posesión do permiso de pesca correspondente a un dos coutos antes citados.

Fóra destes coutos non se poderá permanecer á beira do río estando en posesión de troitas de tamaño comprendido entre 17 e 19 cm, agás no caso de que o pescador estea de paso polo tramo e teña tódolos aparellos e engados recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

-Fíxase a dimensión mínima en 21 cm e a cota de captura en 12 troitas por pescador e día, nos seguintes coutos:

Couto de Ribadavia (río Avia).

Couto de Celeiro (río Masma).

Couto de Labrada (río Lor).

Couto de Noia (río Tambre).

Couto de Betanzos (río Mandeo).

Couto de Ponte do Porto (río Grande).

Couto de Verdes (río Anllóns).

Couto de Monteporreiro (río Lérez).

Couto de Couso (río Ulla).

Couto de Sinde (río Ulla).

Nos coutos antes citados non se poderá estar en posesión de troitas menores de 21 cm, mesmo cando fosen pescadas noutro tramo, agás no caso de que o pescador estea de paso e teña tódolos aparellos e engados recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

-Fíxase a dimensión mínima en 26 cm e a cota de captura en 6 troitas por pescador e día no curso principal do río Miño o seu paso pola provincia de Ourense.

No citado tramo non se poderá estar en posesión de troitas menores de 26 cm, mesmo cando fosen pescadas noutro tramo, agás no caso de que o pescador estea de paso e teña tódolos aparellos e engados recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

-Fíxase a cota de captura en 8 troitas por pescador e día, no couto de Allariz (río Arnoia) e en 12 troitas por pescador e día no couto de Montederramo (río Mao).

Artigo 7º.-Engados autorizados para a captura do salmón.

Engados artificiais autorizados: mosca artificial. Nos coutos dos ríos Eo, Masma, Ulla e Miño, desde o inicio da temporada ata o 31 de maio, autorízase a captura do salmón con culleriña, peixes artificiais e semellantes.

Engados naturais autorizados: miñoca e quisquilla.

No caso dos engados naturais deberanse empregar anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo I desta orde, equivalentes ó número 3/0.

Artigo 8º.-Engados autorizados en masas de auga salmoneiras.

Para a captura de especies piscícolas distintas do salmón nas masas de auga salmoneiras que se relacionan no anexo II desta orde, autorízanse os seguintes engados:

Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña dun tamaño máximo de 6,5 cm (medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol), peixes artificiais e semellantes, e risco no caso concreto do reo.

A culleriña antes citada e mailos peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento cun diámetro menor ou igual a 0,2 mm.

Engados naturais autorizados: mosca natural, saltón, grilo, besbello (larva de odonato) e gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero).

Tódolos engados naturais antes citados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie).

Se algún salmón fose capturado accidentalmente cun engado non autorizado para esta especie, deberá ser devolto inmediatamente á auga.

Artigo 9º.-Engados autorizados en masas de auga non salmoneiras.

Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriñas e peixes artificiais e semellantes.

Engados naturais autorizados: tódolos engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos.

Así mesmo, nos réximes especiais autorízanse engados específicos para especies distintas dos salmónidos en masas de auga concretas.

Artigo 10º.-Modalidades de pesca.

Como regra xeral, e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana coas seguintes excepcións: no caso da lamprea serán de aplicación os réximes especiais publicados no Diario Oficial de Galicia nº 246, do 12 de decembro de 1998, e no BOP de Pontevedra nº 221 do 16 de novembro de 1998, e no caso da angula ou meixón autorízanse os artes que se detallan nos réximes especiais das provincias de Lugo e A Coruña.

Prohíbese o aparello coñecido como «de ninfa» e calquera outro semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.

Artigo 11º.-Pesca a flote.

De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos réximes especiais de cada provincia, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.

Artigo 12º.-Canas de pescar e utensilios auxiliares.

De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), para a pesca de salmónidos en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por pescador e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar e, no caso concreto de zonas de desembocadura e encoros, autorízase o emprego de

dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador de tres metros.

Para a pesca a flote só se poderá empregar unha cana por pescador, autorizándose unicamente tres canas por embarcación, aínda que o número de pescadores sexa maior.

Artigo 13º.-Pesca sen morte.

Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:

-Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arpón, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural.

-Tódalas capturas deberán ser devoltas á auga despois da súa extracción.

-Os pescadores non poderán estar en posesión de ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.

-Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose amplia-lo número máximo de permisos por causas xustificadas.

Artigo 14º.-Horarios de pesca.

Por mor dunha mellor regulación da actividade da pesca deportiva, para evitar incertezas na determinación das horas hábiles para cada día do ano, e de conformidade co disposto nos artigos 31, número 3º, da Lei de pesca fluvial e 88.3º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, fíxanse os horarios hábiles de pesca que figuran no anexo III da presente orde, no que as distintas horas se reflicten en tempo oficial, ou sexa, tendo en conta os cambios horarios previstos para 1999. Dez minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de pesca tódolos aparellos e engados deberán estar recollidos e, de se-lo caso, as canas encartadas.

De conformidade cos artigos 31.3º e 88.3º antes citados, os horarios do anexo III non serán de aplicación no caso dos réximes especiais da lamprea e mais da angula ou meixón.

A pesca autorizada nos caneiros de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela poderase levar a cabo de noite.

Artigo 15º.-Prescricións especiais para os coutos de salmón.

En tódolos salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.

Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débese proceder á recuperación de micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micro

marca magnética. Nestes casos, os pescadores deberán presta-la súa colaboración e permiti-la permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da administración autora de repoboación.

Artigo 16º.-Réximes especiais.

Apróbanse os réximes especiais provinciais que figuran nos anexos IV, V, VI e VII da presente orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-Facúltase o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea nos ríos Tea e Ulla.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á temporada de 2000.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO II

Principais masas de auga habitadas por salmón e reo.

RíoLímite superiorLímite inferior

EoPasarela da Volta da Teixeira (concello de Ribeira de Piquín)Desembocadura

MasmaPonte de Viloalle (concello de Mondoñedo)Desembocadura

RíoLímite superiorLímite inferior

OuroPasarela de Valmaior (concello de Foz)Desembocadura

LandroPresa Salto do Can (límite entre os concellos de Ourol e Viveiro)Desembocadura

MandeoO Tope (límite entre os concellos de Coirós e Paderne)Desembocadura

UllaPonte Romana de Ponte Ledesma (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón)Desembocadura

DezaPresa Pé do Forcado no muíño Martínez (límite entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces)Desembocadura

no río Ulla

TeaLugar de Foxaco (concello de Mondariz)Desembocadura

no río Miño

ANEXO III

Horarios de Pesca

Período (ámbalas dúas datas incluídas)ComezoRemate

01.01.99 - 31.01.997551920

01.02.99 - 28.02.997252000

01.03.99 - 27.03.996402040

28.03.99 - 30.04.996502215

01.05.99 - 31.05.996302300

01.06.99 - 30.06.996152315

01.07.99 - 31.07.996302300

01.08.99 - 31.08.996352255

01.09.99 - 30.09.997102210

01.10.99 - 31.10.997402115

01.11.99 - 30.11.997201925

01.12.99 - 31.12.997501900

*Horas en tempo oficial, considerando os cambios de hora previstos para 1999.

ANEXO IV

RÉXIMES ESPECIAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA

1. Réximes especiais de vedas, engados e modalidades de pesca.

Río Anllóns e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre Ponte Caldas (concello de Ponteceso) e a desembocadura (límite entre os concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños), cunha lonxitude aproximada de 11 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Ponte Lagoa (concello de Carballo) e Ponte Casilla (concello de Carballo), cunha lonxitude aproximada de 0,5 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de captación de auga potable e o final de praia fluvial de Gabenlle (concello de Laracha), cunha lonxitude aproximada de 200 m.

Río Cesullas ou Anós.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre Ponte da Balsa (concello

de Cabana de Bergantiños) e a desembocadura no Anllóns (concello de Cabana de Bergantiños), cunha lonxitude aproximada de 3 km.

Río Cundíns.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre Ponte do Muíño Novo (concello de Cabana de Bergantiños) e a desembocadura no Anllóns (concello de Cabana de Bergantiños), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Baa

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada LCV-1223 (concello de Fene) e a ponte da estrada LC-133 (concello de Fene), cunha lonxitude aproximada de 2 km.

Río Belelle e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre A Fervenza (límite entre os concellos de Neda e Fene) e a desembocadura (concello de Neda), cunha lonxitude aproximada de 5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Formariz (concello da Capela) e a presa da Fervenza (límite entre os concellos de Neda e Fene), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Cádavo e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada N-VI (concello de Fene) e a desembocadura (concello de Fene), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Coroño e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Boiro) e a ponte de Loxo de Abaixo (concello de Boiro), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río das Mestas

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento ata a confluencia co río Pontellas-Porto do Cabo (límite dos concellos de Cerdido e Cedeira), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Eume e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a presa do encoro do Eume (límite entre os concellos de Monfero e As Pontes de García Rodríguez) e a presa de Caaveiro (límite entre os concellos de Monfero e A Capela), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a presa de Caaveiro (límite entre os concellos da Capela e Monfero) e a desembocadura (límite entre os concellos de Pontedeume e Cabanas), cunha lonxitude aproximada de 12 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río do Cocido.

Védanse tódalas especies no tramo entre o nacemento e a desembocadura no río Chamoselo (concello das Pontes de García Rodríguez), cunha lonxitude aproximada de 3 km Esta medida afectaralle tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río do Campo e Rego do Brixeo.

Védanse tódalas especies no tramo entre o nacemento e a desembocadura no Eume (concello das Pontes de García Rodríguez), cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Río Feás ou Landoi e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (límite entre os concellos de Cariño e Cedeira) e a desembocadura (concello de Cariño), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Grande e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a presa de Castro Buxán (concello de Vimianzo) e a desembocadura (límite entre os concellos de Muxía e Camariñas), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Regato de Castro-Torelo e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Vimianzo) e a desembocadura no río Grande (concello de Vimianzo), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Lambre

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a central eléctrica de Güimil (límite entre os concellos de Vilamaior e Irixoa) e a desembocadura (límite entre os concellos de Miño e Paderne), cunha lonxitude aproximada de 6,5 km.

Río Mandeo e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Sobrado) e a desembocadura do regato de Porto en Porto de Abaixo (concello de Sobrado), cunha lonxitude aproximada de 10,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, incluído o regato de Porto.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a pasarela da central hidroeléctrica de Mandeo-Zarzo (límite entre os con

cellos de Coirós e Paderne) e a desembocadura (límite entre os concellos de Bergondo e Paderne), cunha lonxitude aproximada de 10 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Xielas (límite entre os concellos de Irixoa e Aranga) e o límite superior do couto de Betanzos, cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Védanse tódalas especies no tramo do couto de Betanzos comprendido entre o límite superior e a pasarela da central hidroeléctrica de Mandeo-Zarzo (límite entre os concellos de Coirós e Paderne), cunha lonxitude aproximada de 2 km.

Río Mendo e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte da estrada N-VI (concello de Betanzos) e a desembocadura (concello de Betanzos), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Mera e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Souto Chao (límite dos concellos de Somozas, Ortigueira e As Pontes de García Rodríguez) e a desembocadura (concello de Ortigueira), cunha lonxitude aproximada de 18 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Pulgueiras.

Védanse tódalas especies desde o nacemento (Rego do Sapo, Rego dos Caroleiros e Rego de San Pedro) ata a desembocadura no río Mera (concello de Ortigueira), cunha lonxitude aproximada de 7 km. Esta medida afectaralle tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Mero e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Cecebre (concello de Cambre) e Ponte Galiñeiro (concello de Cambre), cunha lonxitude aproximada de 0,25 km.

No couto de Cecebre establécense os seguintes réximes de pesca:

-Tramo en réxime xeral: desde a Ponte de Galiñeiro (concello de Cambre) ata 25 m antes da presa do muíño de Peiraio (concello de Cambre), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

-Tramo sen morte: desde 25 m antes da presa do muíño de Peiraio (concello de Cambre) ata a desembocadura do rego de Boluco (concello de Cambre), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km. O número de canas para este tramo será de 5 en días laborables e festivos.

-Tramo en réxime xeral: desde a desembocadura do rego Boluco (concello de Cambre) ata a Ponte de Cela (concello de Cambre), cunha lonxitude aproximada de 2,1 km.

O número de canas para o réxime xeral será de 10 en días laborables e festivos.

Non se poderá sacar máis dun permiso por pescador e día para calquera dos tramos. Os pescadores con permiso con morte, en todo caso, deberán transitar polo tramo sen morte coas canas e aparellos recollidos.

Río Barcés.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa do muíño de Sarandóns (concello de Abegondo) e a ponte de Sarandóns (concello de Abegondo), cunha lonxitude aproximada de 0,3 km.

Regato Gándara

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concellos de Sada e Bergondo) e a desembocadura no Mero (concello de Cambre), cunha lonxitude aproximada de 6 km.

Encoro de Cecebre

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a liña recta imaxinaria que une Agrolongo coa beira oposta, atravesando a illa existente (concello de Abegondo) e a ponte de Macenda (límite entre os concellos de Abegondo e Betanzos).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a liña recta imaxinaria, perpendicular á beira, que une o embarcadoiro de Carril coa beira oposta (concello de Abegondo) e a ponte do viaducto da autoestrada A-9 (límite entre os concellos de Abegondo e Carral).

Río Sor e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concellos das Pontes de García Rodríguez e Muras) e a desembocadura (límite entre os concellos de Mañón e O Vicedo), cunha lonxitude aproximada de 49 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Ribeiras do Sor (concello de Mañón) e Souto de Ribeira, Xancedo (límite entre os concellos de Mañón e O Vicedo), cunha lonxitude aproximada de 1,6 km.

Védanse tódalas especies no tramo do couto de Ribeiras comprendido entre 200 m augas arriba da presa de Rafael (límite entre os concellos de Mañón e O Vicedo) e 200 m augas abaixo de Ponte Ulló (límite entre os concellos de Mañón e O Vicedo), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

Río Tambre e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Sobrado) e Ponte Louseiras (concello de Sobrado), cunha lonxitude aproximada de 7 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a presa de Barrié (límite entre os concellos de Brión e Negreira) e a desembocadura (límite entre os concellos de Noia e Outes), cunha lonxitude aproximada de 12 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, incluíndo os 100 m finais do río Donas.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre 200 m augas abaixo da ponte de Chaián ata a presa das Elevadoras (concello de Trazo), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Sigüeiro ou Chan de Castro (límite entre os concellos de Oroso e Santiago) e a desembocadura do regato César (concello de Santiago), cunha lonxitude aproximada de 0,5 km.

Védanse tódalas especies no tramo do couto de Noia comprendido entre o límite superior e a desembocadura do río Corzán (límite entre os concellos de Brión e Negreira), cunha lonxitude aproximada de 0,8 km.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a pasarela de Tapia e 500 m. augas abaixo do murallón da praia de Ames.

Río Barcala.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte Vilachán e a confluencia no Tambre (concello de Negreira), cunha lonxitude aproximada de 2 km.

Río Cabalar.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concellos de Curtis e Sobrado) e a desembocadura no Tambre (concello de Vilasantar), cunha lonxitude aproximada de 11 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Donas e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Negreira) e 100 m augas arriba da desembocadura no Tambre (concello de Outes), cunha lonxitude aproximada de 13 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Nos 100 m finais o inicio da temporada aprázase ata o 9 de maio.

Río Mercurín.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa do Muíño de Campo da Feira e a ponte da estrada N-550 (concello de Ordes), cunha lonxitude aproximada de 1 km.

Regato Rudelo e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Sobrado) e a desembocadura na lagoa de Sobrado (concello de Sobrado), cunha lonxitude aproximada de 1,9 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Tines e afluentes

No couto de Outes establécense os seguintes réximes de pesca:

-Tramo en réxime xeral: desde a confluencia do río Santabaia (límite dos concellos de Outes e Mazaricos) ó final do couto (concello de Outes), cunha lonxitude aproximada de 5,7 km. O número de canas será de 13 nos días laborables e de 28 en sábados e festivos.

-Tramo de pesca sen morte: desde a Ponte Sampaio (concellos de Outes-Mazaricos) ata a confluencia do río Santabaia (límite dos concellos de Outes e Mazaricos), cunha lonxitude aproximada de 0,8 km. O número de canas será de 2 en días laborables e festivos.

Non se poderá sacar máis dun permiso por pescador e día para calquera dos tramos. Os pescadores con permiso con morte, en todo caso, deberán transitar polo tramo sen morte coas canas e aparellos recollidos.

Río Santabaia.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Mazaricos) e a desembocadura no río Tines (límite concellos Mazaricos-Serra de Outes), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km.

Río Traba, de Vilacova ou Sóñora e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Portobravo (límite entre os concellos de Lousame e Noia) e a desembocadura (concello de Noia), cunha lonxitude aproximada de 2 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Regato de Vilacova

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Lousame) e a desembocadura no Traba (concello de Lousame), cunha lonxitude aproximada de 2 km.

Río Ulla e afluentes

No curso principal augas abaixo da presa de Portodemouros e no último quilómetro de tódolos afluentes que verten neste tramo, a pesca rexerase polo réximes especiais da provincia de Pontevedra, agás o río Sar.

Río Boente e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Melide) e a ponte da estrada N-547 (concello de Arzúa), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Iso e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Boimorto) e a ponte de Requeixo (límite entre os concellos de Melide e Arzúa), cunha lonxitude

aproximada de 3,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Furelos.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Sobrado) e a ponte de Paradela (concello de Toques), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km.

Védanse tódalas especies no tramo 2 do couto de Furelos.

No tramo 1 do couto de Furelos só se poderá practica-la pesca sen morte.

Río Catasol (afluente do Furelos).

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Melide) e a ponte de Trasmundi (concello de Melide), cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Río Toca ou Pequeno (afluente do Furelos).

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Toques) e a ponte de Souto (concello de Toques), cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Río Pedrouzos (afluente do Furelos).

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Melide) e a ponte de Castrillón (concello de Melide), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Vilamor (afluente do Furelos).

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Toques) e O Pontellón (concello de Toques), cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Río Xubia e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Doso (concello de Narón) e a ponte de Xubia (límite entre os concellos de Neda e Narón), cunha lonxitude aproximada de 5,8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, incluídos os 100 m finais do río Castro.

Río Castro e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concellos de Somozas e As Pontes de García Rodríguez) e 100 m augas arriba da desembocadura no Xubia (concello de Narón), cunha lonxitude aproximada de 12 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río de Prados e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Narón) e a desembocadura no Xubia (concello de Narón), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Xallas e afluentes

Río Mazaricos.

Védanse tódalas especies no tramo entre o nacemento e a desembocadura no Xallas (concello de Mazaricos), cunha lonxitude aproximada de 6 km. Esta medida afectaralle tamén os afluentes intermedios existentes no tramo.

Río da Carballeira.

Védanse tódalas especies no tramo entre o nacemento e a desembocadura no Xallas (concello de Santa Comba), cunha lonxitude aproximada de 4 km. Esta medida afectaralle tamén os afluentes intermedios existentes no tramo.

Ríos da costa de Muros e Carnota

Védanse tódalas especies en todo o curso dos seguintes ríos:

Río Valdexería (concello de Muros).

Río Valdebois (concello de Carnota).

Río Louredo ou Vilar de Parada (concello de Carnota).

Ríos de Pedrafigueira e Nóutigos (concello de Carnota).

Río de Lariño (concello de Carnota).

Ríos do Parque Natural de Corrubedo

Védanse tódalas especies nos ríos que se relacionan, no seu tramo comprendido dentro do Parque Natural de Corrubedo (concello de Ribeira):

Regato Longo (nunha lonxitude aproximada de 1 km).

Regato Sirves (nunha lonxitude aproximada de 0,5 km).

Río Artes (nunha lonxitude aproximada de 1,5 km).

Regato Cidade (nunha lonxitude aproximada de 0,5 km).

Regato Vilar (nunha lonxitude aproximada de 1 km).

Regato Vixán (nunha lonxitude aproximada de 0,5 km).

2. Réxime especial de encoros e lagoas.

Encoro de Barrié de la Maza.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro da Castellana.

Autorízase a pesca a flote co denominado «tubo flotador».

Encoro de Castrelo.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Cecebre.

Autorízase a pesca durante todo o ano na parte non vedada do encoro. Autorízase a pesca a flote co denominado «tubo flotador».

Encoro do Eume.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro da Fervenza.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro das Forcadas.

Autorízase a pesca durante todo o ano. Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Meicende.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Ponte Olveira.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Portodemouros.

A pesca rexerase polas normas recollidas nos réximes especiais da provincia de Pontevedra.

Encoro da Ribeira.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Sabón ou de Rosadoiro.

Autorízase a pesca durante todo o ano. Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de San Cosmade ou de Vilasenín.

Autorízase a pesca durante todo o ano. Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Santa Uxía.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Encoro de Vilagudín.

Aproveitamento piscícola en réxime de concesión e con normativa específica (Resolución do 4 de maio de 1994, DOG nº 104 do 1 de xuño). Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Lagoa de Valdoviño e Traba.

Prohíbese a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

Lagoa de Sobrado.

A pesca rexerase pola normativa acordada co propietario do aproveitamento piscícola. Prohíbese a pesca na desembocadura do regato Rudelo. O período hábil será o comprendido entre o 1 de abril e o 30 de xuño. Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

3. Réxime especial para zonas de desembocadura.

-Delimitación das zonas de desembocadura.

De conformidade co establecido nos anexos do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos

ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), delimítanse as seguintes zonas de desembocadura:

RíoLímite superiorLímite inferior

AnllónsCanteira de Santa MariñaLiña recta imaxinaria que une Punta Balarés con Punta Padrón

BaleoPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

BaxoiPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Bañobre con Punta dos Curbeiros de Miño

BelelleLugar de SubarreirosPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

Condomi-

ñas

Ponte Nova de CedeiraLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cume do monte Burneira

das

Mestas

A Ponte VellaLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cume do monte Burneira

EumeLímite inferior do couto de OmbreLiña recta imaxinaria que une Punta Madanela con Punta Sentroña

ForcadasPonte vella de FerreríasLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cume do monte Burneira

GrandeLímite inferior do couto de Ponte do PortoLiña recta imaxinaria que une Punta Sandia con Punta Roda

LambreLímite inferior do couto de LambreLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MandeoPonte vella de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MendoPonte nova de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MaiorMuíño de LinoLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

MeraLugar de Castro-AreeiraLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

Mero100 m augas abaixo da presa da BarcalaLiña recta imaxinaria que une Punta Fiaiteira co varadoiro de Oza

SóñoraMuíños de PedrachánLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

SorSouto de XancedoLiña recta imaxinaria que une Punta do Castro con Punta do Santo

TambreLímite inferior do couto de NoiaLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

TinesLímite inferior do couto de OutesLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

XubiaLímite inferior do couto de XubiaPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

-Normas de pesca.

Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes.

Autorízase a pesca con cana de especies usuais en esteiros (robaliza, muxo, anguía, solla, etc) durante todo o ano, coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas fóra da súa temporada hábil.

Autorízase a pesca con todo tipo de engados naturais e artificiais.

A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes prescricións e limitacións de zona, época e artes:

-A temporada de pesca será a comprendida entre o 1 de novembro e o 31 de marzo do seguinte ano.

-A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.

-Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para tódolos efectos a pesca desde embarcación.

-A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.

-Para a práctica da pesca requirirase estar en posesión da licencia de pesca fluvial.

-En función da evolución da temporada, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, por proposta do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, poderá limita-lo número de pescadores nunha ou en varias zonas de pesca, establecer cotas de captura, modifica-las datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garanti-lo correcto desenvolvemento da temporada de pesca do meixón e protexe-lo recurso.

ANEXO V

RÉXIMES ESPECIAIS DA PROVINCIA DE LUGO

1. Normas xerais.

Salvo nas zonas de desembocadura, para a pesca das especies autorizadas fóra do período hábil da troita unicamente se permite o uso do engado natural, exceptuando a miñoca, con anzol que teña un tamaño máximo do número 12.

Os regatos ou ríos que desemboquen nos tramos onde se autoriza a pesca dos ciprínidos non están incluídos na autorización.

A validez dos permisos expedidos para os coutos de pesca fluvial está suxeita á correspondencia dos datos coa matriz do centro expedidor, tanto no que se refire a identificación, númeración, couto, categoría, etc., como ó seu importe.

Decláranse os luns non festivos como inhábiles para a pesca nos coutos da provincia, a excepción dos do río Eo compartidos co Principado de Asturias.

Nos caneiros autorizados nos concellos do Páramo, Portomarín, Guntín e Paradela, os períodos hábiles serán os que estableza a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente.

2. Réximes especiais de vedas, engados e modalidades de pesca.

Río Anllo

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Moar (concello de Abadín) e as pontes de Pacio e Cabaleira na estrada Vilalba-Meira (concello de Cospeito), cunha lonxitude aproximada de 3 km.

Río Azúmara

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa situada no núcleo urbano de Castro de Rei (concello de Castro de Rei) e a ponte de Sandamil (concello de Castro de Rei) cunha lonxitude aproximada de 3 km.

Río Cabe e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Santa Eulalia de Trascastro na estrada a Ferraría do Incio (concello do Incio) e Pacios da Veiga na estrada A Pobra de Brollón-O Incio (concello do Incio), cunha lonxitude aproximada de 10 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento do río (concello do Incio) e a ponte de Santa Eulalia de Trascastro (concello do Incio), cunha lonxitude aproximada de 9 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa do Cubano e a pasarela do Clube Fluvial (zona urbana de Monforte), cunha lonxitude aproximada de 2,6 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o lugar de Gundear (concello de Monforte de Lemos) e o encoro de Vilanova (concello de Monforte de Lemos), cunha lonxitude aproximada de 0,5 km.

Prohíbese a pesca os luns e xoves non festivos no couto de Monforte.

A partir do día 1 de xullo, para a pesca da troita, prohíbese o engado natural en todo o río, agás no tramo comprendido entre Pacios da Veiga e a ponte da estrada Lugo-Quiroga (concello de A Pobra de Brollón).

Autorízase a pesca de ciprínidos ata o 1 de novembro desde a presa do Cubano ata a Ponte Vella de Canaval (límite entre os concellos de Sober e Pantón), cunha lonxitude aproximada de 7,8 km.

Río Mao.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Ribeira na parroquia de Goo (concello do Incio) e Mosteiro (concello do Incio), cunha lonxitude aproximada de 1,5 km.

Védanse tódalas especies nun tramo de 200 m augas abaixo da presa de Vilasouto (concello do Incio).

Autorízase a pesca de ciprínidos ata o día 1 de novembro no encoro de Vilasouto (concello do Incio).

Río Eo e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a piscifactoría de Pisceo en Fonteo (concello de Baleira) e a ponte de Murias na parroquia de Martín (concello de Baleira), cunha lonxitude aproximada de 13 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a presa de Treita e o final do couto de Vilarmide (concellos de Meira, A Pontenova e Riotorto), cunha lonxitude aproximada de 1,7 km. e máis nos coutos de Xinzo, Salmeán, lotes 1, 2 e 3 do couto da Pontenova e zona libre da Pontenova.

Nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias os xoves consideraranse días de veda para tódalas especies.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento do río (concello de Baleira) e a piscifactoría de Pisceo en Fonteo (concello de Baleira), cunha lonxitude aproximada de 1,8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o final do lote 9 do couto de Abres (concello de Trabada ) e a ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón (concello de Ribadeo), cunha lonxitude aproximada de 6 km. Desta prohibición exceptúase a pesca do meixón desde terra.

Védase o reo no couto de Vilarmide.

Con motivo da Festa da Troita na Pontenova, autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide, Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como na zona libre da Pontenova.

Nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias, a cantidade máxima de capturas fíxase en 12 troitas ou reos por pescador e día.

A partir do 1 de xuño, desde o límite superior do couto de Vilarmide ata a desembocadura do río, a troita só se poderá pescar con mosca artificial, saltón ou grilo.

A partir do 1 de xuño, desde o límite inferior do couto de Vilarmide ata a desembocadura do río, o reo só se poderá pescar con mosca artificial, saltón ou grilo.

A partir do día 1 de xullo prohíbese para a pesca da troita o uso de engado natural desde o nacemento do río ata o límite superior do couto de Vilarmide, tanto no curso principal coma en tódolos afluentes que verten neste tramo.

Desde a ponte da Pontenova ata a ponte do Pico (vila da Pontenova) declárase zona libre para pesca sen morte, cunha lonxitude aproximada de 0,35 km.

Poderá pescarse a anguía durante a temporada hábil da troita e do reo. Nos coutos da Pontenova, San Tirso e Abres utilizarase unicamente aparello de liña sen anzol para a captura da anguía.

Río Trabada e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Trabada) e a desembocadura (concello de Trabada), cunha lonxitude aproximada de 11,8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Espiñarcao e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o seu nacemento e dos seus afluentes (concello de Abadín) e a desembocadura no río Labrada (concello de Abadín), cunha lonxitude aproximada de 12,5 km.

Río Eume e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concellos de Muras e Abadín) e a ponte da Balsa (límite entre os concellos de Muras e Vilalba), cunha lonxitude aproximada de 9,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Ferreira

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano desde a presa do encoro de Gallego ata a desembocadura no Miño, cunha lonxitude aproximada de 3,6 km.

Río Grande e afluentes

Río Lexoso.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Barreiros) e o pozo de Lexoso (concello de Ribadeo), cunha lonxitude aproximada de 4 km.

Río Guilán

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Xove) e a súa desembocadura no río da Rigueira (concello de Xove), cunha lonxitude aproximada de 5 km.

Río Ladra e afluentes

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural no couto de Begonte.

Río Barrazoso.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Vilalba) e a desembocadura no río Ladra (concello de Vilalba), cunha lonxitude apoximada de 10 km.

Regato de Porto Pres

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Outeiro de Rei)

e a desembocadura no Ladra (concello de Outeiro de Rei), cunha lonxitude aproximada de 4,1 km.

Regato da Lama

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Begonte) e a desembocadura (concello de Begonte), cunha lonxitude aproximada de 3,1 km.

Río Landro e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre 250 m augas abaixo da presa Salto do Can (límite entre os concellos de Ourol e Viveiro) e a ponte de Portachao (concello de Viveiro), cunha lonxitude aproximada de 6 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento do río Landro e do regato de Coruxos (concello de Muras) e a ponte da Cabana-Silán (concello de Muras), cunha lonxitude aproximada de 11 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo da presa do muíño (concello de Viveiro).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo da presa de Chavín (concello de Viveiro).

Védanse tódalas especies nun tramo de 250 m augas abaixo da presa de Salto do Can (límite entre os concellos de Ourol e Viveiro).

Prohíbese o uso de engado natural para troita e reo no tramo comprendido entre a presa de Salto do Can (límite entre os concellos de Ourol e Viveiro) e a ponte de Portachao (concello de Viveiro), cunha lonxitude aproximada de 5 km. A partir do día 1 de xuño, no mesmo tramo, prohíbese o uso da culleriña.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o engado natural para troita e reo no tramo comprendido entre a desembocadura do regato de Balsados (concello de Ourol) e a presa de Salto do Can (límite entre os concellos de Ourol e Viveiro), cunha lonxitude aproximada de 3,6 m.

Río de Galdo ou de Bravos.

Aprázase o inicio da temporada da troita ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Baralla (concello de Viveiro) e a desembocadura no Landro (concello de Viveiro), cunha lonxitude aproximada de 1,7 km.

Río Loureiro.

Aprázase o inicio da temporada da troita ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Galea (concello de Viveiro) e a desembocadura no Landro (concello de Viveiro), cunha lonxitude aproximada de 2,7 km.

Regato da Xestosa

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Ourol) e a ponte

de Requeixo (límite dos concellos de Muras e Ourol), cunha lonxitude aproximada de 7,5 km.

Río Lea

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Regueiral, en Lea (concello de Pol) e a ponte de Correás, en Fraialde (concello de Pol), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Loio

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural no tramo comprendido entre o nacemento (concellos de Sarria e Paradela) e a desembocadura no encoro de Belesar (concello de Paradela), cunha lonxitude aproximada de 20 km.

Río Lor e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Eixecadas (concello de Pedrafita do Cebreiro) e a ponte de Esperante (concello de Folgoso do Courel), cunha lonxitude aproximada de 9 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Pedrafita do Cebreiro) e a ponte de Eixecadas (concello de Pedrafita do Cebreiro), cunha lonxitude aproximada de 4,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo 2 do couto de Courel.

No tramo 1 do couto de Courel só se poderá practica-la modalidade de pesca sen morte.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural en toda a bacía, exceptuándose o tramo comprendido entre a ponte da estrada Monforte-Quiroga no km 503 e a desembocadura no Sil, cunha lonxitude aproximada de 6,1 km. e mailo tramo comprendido entre a ponte de Froxán e a desembocadura do regato Loureiro en Paramedela, cunha lonxitude aproximada de 5 km.

Río Ferreirós.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Ferreirós de Abaixo (concello de Folgoso do Courel) e a desembocadura no Lor (concello de Folgoso do Courel), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

Río Lóuzara e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Pedrafita do Cebreiro) e o Pozo de Beltrán no lugar de Parada, parroquia de Santalla (concello de Samos), cunha lonxitude aproximada de 14 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o engado natural en todo o río.

Río Pequeno.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada Folgoso-Seoane (concello de Folgoso do Courel) e a desembocadura no Lor (concello de Folgoso do Courel), cunha lonxitude aproximada de 1 km.

Río Masma e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a ponte de Viloalle (concello de Mondoñedo) e a desembocadura (límite entre os concellos de Foz e Barreiros), cunha lonxitude aproximada de 25 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo da presa da Central do Pozo do Capitán (concello de Barreiros).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre 100 m augas arriba e 100 m augas abaixo da presa de Fontela (concello de Barreiros).

Védase o reo no tramo comprendido entre o nacemento do río e a ponte de Viloalle (concello de Mondoñedo), cunha lonxitude aproximada de 5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

A partir do 1 de xuño prohíbese o uso da culleriña, peixes artificiais e semellantes no tramo comprendido entre a ponte da Cazolga (concello de Lourenzá) e a ponte da Espiñeira (límite entre os concellos de Barreiros e Foz), cunha lonxitude aproximada de 11,2 km.

Prohíbese o uso de engado natural para troita e reo no tramo comprendido entre a ponte da Cazolga e a desembocadura, cunha lonxitude aproximada de 16 km.

No tramo comprendido entre o pozo dos Cantos e a ponte da Espiñeira prorrógase ata o 30 de setembro a pesca de robaliza, muxo, solla e anguía con xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miga de pan.

Autorízase a pesca de angula ou meixón desde terra no tramo comprendido entre a ponte de Barral e a zona de desembocadura.

Río Ferrería.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o muíño do barrio da Ferrería en Viloalle (concello de Mondoñedo) e a desembocadura no Masma (concello de Mondoñedo), cunha lonxitude aproximada de 0,2 km.

Río Figueiras ou Fraga Vella e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Abadín) e a ponte de Figueiras en Fraga Vella (concello de Mondoñedo), cunha lonxitude aproximada de 5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Tronceda.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre A Fervenza (concello de Mondoñedo) e a

desembocadura no Masma (concello de Mondoñedo), cunha lonxitude aproximada de 0,3 km.

Río Mera

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Muíño de Mazuco (concello de Lugo) e Ponte-Nova, na parroquia do Veral (concello de Lugo), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Río Miño

Védase a troita no tramo comprendido entre a ponte de Santandrea (concello da Pastoriza) e Fonmiñá (concello da Pastoriza), cunha lonxitude aproximada de 1,5 km.

Prohíbese a recolla de anguías turbinadas no tramo comprendido entre a presa de Belesar e a ponte vella da estrada Chantada-Monforte, cunha lonxitude aproximada de 3 km. Desde este punto augas abaixo a recolla non poderá facerse de noite.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano nos seguintes tramos:

Tramo 1: Desde a presa do Rei Chiquito ata a Aceña do Vilar (concello de Lugo), cunha lonxitude aproximada de 5 km.

Tramo 2: Desde a ponte de Areas (límite entre os concellos de Guntín e O Páramo) ata o muro da presa do encoro de Belesar, cunha lonxitude aproximada de 41 km. exceptuando:

a) Pola marxe dereita: desde 600 m augas arriba da desembocadura do río Enviande (parroquia de Sobrecedo de Taboada) ata 500 m augas abaixo da desembocadura do río Lama (parroquia de Pedrafita de Chantada).

b) Pola marxe esquerda: desde 500 m augas arriba da desembocadura do río Sardiñeira (parroquia de San Vicente de Ribas do Miño) ata 500 m augas abaixo da referida desembocadura (parroquia de Rebordáns), ámbalas dúas parroquias do concello do Saviñao.

Autorízase a pesca de ciprínidos desde o comezo da temporada da troita e ata o 1 de novembro no tramo comprendido entre a ponte da antiga estrada Monforte-Chantada e o muro da presa dos Peares, pola marxe esquerda, cunha lonxitude aproximada de 20 km, e, pola marxe dereita, entre 50 m augas abaixo da desembocadura do rego de Camporramiro e o muro da presa antes sinalado (concellos de Carballedo, Chantada, Pantón e O Saviñao), cunha lonxitude aproximada de 18,8 km.

Río Navia e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Robledo (concello das Nogais) e a ponte de Nullán (concello das Nogais), cunha lonxitude aproximada de 1,5 km.

No tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias os xoves non festivos consideraranse días de veda para tódalas especies.

No tramo compartido coa Comunidade Autónoma de Asturias a cota máxima de capturas será de 12 troitas por pescador e día.

A partir do día 1 de xullo prohíbese o uso do engado natural en toda a bacía.

Río de Brego ou de Cereixedo (afluente do Cancelada).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Cervantes) e o lugar de Deva (concello de Cervantes), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km.

Río Cancelada ou de Casas.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Veiga do Seixo no rego de Noceda (concello de Cervantes) e a desembocadura do río da Vara (concello de Cervantes), cunha lonxitude aproximada de 1,3 km.

Río Cruzul, Narón ou Ferreiros.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Becerreá) e a ponte de Cruzul (concello de Becerreá), cunha lonxitude aproximada de 8 km.

Río Ser.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada Navia-Becerreá (concello de Navia de Suarna) e a desembocadura no Navia (concello de Navia de Suarna), cunha lonxitude aproximada de 0,3 km.

Río da Vara ou de Cales (afluente do Cancelada).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Cervantes) e 500 m augas abaixo de onde se xunta co rego de Cabanavella (concello de Cervantes), cunha lonxitude aproximada de 2 km. Esta medida afectaralle tamén o citado rego de Cabanavella.

Rego de Vilapardín

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada Becerreá-Navia (concello de Navia de Suarna) e a desembocadura no Navia (concello de Navia de Suarna), cunha lonxitude aproximada de 0,1 km.

Río Neira e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Baleira) e a presa da Veiga (concello de Baralla), cunha lonxitude aproximada de 15 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte de Neira e a desembocadura no Miño, cunha lonxitude aproximada de 4 km.

A partir do 1 de xullo prohíbese o uso de engado natural en toda a bacía, agás no tramo autorizado para a pesca de ciprínidos, no couto da Pobra, no

tramo do río Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do núcleo urbano da vila de Sarria) e no río Tordea.

Río Sarria ou Oribio.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Ponte da Capela do Ciprés (concello de Samos) e a presa do Vizarro (concello de Samos), cunha lonxitude aproximada de 0,4 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo, zona urbana de Sarria) e a ponte da rúa Castelao (zona urbana de Sarria), cunha lonxitude aproximada de 0,4 km.

Río Ouro

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Acea (concello de Alfoz) e a desembocadura do río Facelude (concello de Alfoz), cunha lonxitude aproximada de 2 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Prado de Pardeiro (concello do Valadouro) e a desembocadura da canle de Peizás en Frexulfe (concello do Valadouro), cunha lonxitude aproximada de 0,3 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a pasarela de Valmaior (concello de Foz) e a ponte vella de Fazouro (concello de Foz), cunha lonxitude aproximada de 7 km.

Río Sil

Autorízase a pesca de ciprínidos e anguías durante todo o ano no tramo comprendido entre a desembocadura do río Bibei (concello de Quiroga) e a central de Sequeiros (concellos de Quiroga e Ribas de Sil), cunha lonxitude aproximada de 9 km.

Autorízase a pesca de ciprínidos, anguías e black-bass ou percas negras durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte vella de San Clodio (concello de Ribas de Sil) e o muro do encoro de Santo Estevo (concello de Sober), cunha lonxitude aproximada de 42 km, exceptuando pola marxe dereita o tramo comprendido entre o viaducto de Augasmestas e 1.100 m augas abaixo da desembocadura do río Lor (parroquia de Augasmestas, concello de Quiroga), cunha lonxitude aproximada de 2,2 km.

Autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte da Barca (límite entre os concellos de Pantón e Luíntra) na estrada Ferreira-Luíntra e o muro do encoro de San Pedro (límite entre os concellos de Pantón e Luíntra), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km.

Río Sor e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio en toda a bacía do río.

Río de Porto Cabanas.

Védanse tódalas especies entre o nacemento (concello do Vicedo) e a desembocadura no río Sor (concello do Vicedo), cunha lonxitude aproximada de 8 km.

Río Támoga e afluentes

Río Arnela e afluentes.

Védanse tódalas especies entre o seu nacemento e o dos seus afluentes (concello de Abadín) e a ponte da estrada N-634 (concello de Abadín), cunha lonxitude aproximada de 17,5 km.

Río Guisande.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Lama (concello de Cospeito) e a desembocadura no Támoga (concello de Cospeito), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

3. Réxime especial de encoros.

Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante nos seguintes encoros:

Encoro de Belesar.

Encoro dos Peares.

Encoro de Sequeiros.

Encoro de Santo Estevo.

Encoro de San Pedro.

Encoro de Montefurado.

Encoro de Salime.

4. Réxime especial de zonas de desembocadura.

-Delimitación das zonas de desembocadura.

De conformidade co establecido nos anexos do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), delimítanse as seguintes zonas de desembocadura:

RíoLímite superiorLímite inferior

EoPonte do ferrocarril

Ferrol-Xixón

Ponte dos Santos

MasmaPonte da Espiñeira na estrada nacional 462 entre os concellos de Foz e BarreirosLiña recta imaxinaria que une punta Prados coa punta do crebaondas de Foz

OuroÑonte vella de FazouroPonte do ferrocarril Ferrol-Xixón

LandroPonte vella de FazouroLiña recta imaxinaria que une a punta do peirao de Celeiro co illote da Insua

-Normas de pesca.

Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes.

Autorízase a pesca con cana de especies usuais en esteiros (robaliza, muxo, anguía, solla, etc) duran

te todo o ano, coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas fóra da súa temporada hábil. Como engado poderase utilizar xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miga de pan. Así mesmo, autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.

A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes prescricións e limitacións de zona, época e artes:

-As zonas antes delimitadas amplíanse, unicamente para a captura da angula ou meixón, ata o final do lote 9 do couto de Abres no río Eo, ata a ponte de Barral no río Masma e ata a antiga central eléctrica de Posada no río Ouro.

-A temporada de pesca será a comprendida entre o 1 de novembro e o 31 de marzo do seguinte ano.

-A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.

-Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para tódolos efectos a pesca desde embarcación.

-A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.

-Para a práctica da pesca requirirase estar en posesión da licencia de pesca fluvial.

-En función da evolución da temporada, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, por proposta do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, poderá limita-lo número de pescadores nunha ou varias zonas de pesca, establecer cotas de captura, modifica-las datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garanti-lo correcto desenvolvemento da temporada de pesca da angula e protexe-lo recurso.

ANEXO VI

RÉXIMES ESPECIAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

1. Normas xerais.

Prohíbese a pesca con saltón, grilo ou larvas da cera, mel ou becho suízo en tódalas augas desde o día 1 de agosto ata o final da temporada hábil.

As troitas capturadas con engado natural e tamaño inferior ó legal devolveranse á auga cortando a sedela sen quitarlle o anzol ó peixe.

Para a pesca de ciprínidos en coutos con permiso de 4ª categoría só poderá empregarse un máximo de duas canas, anzol do número catorce (14) ou máis pequeno e utilizar como engado asticot, larva de tricóptero ou masillas vexetais.

En tódolos coutos da provincia, calquera que sexa o seu réxime administrativo, son días inhábiles para

a pesca tódolos xoves, agás festivos. No couto do Carballiño tamén son inhábiles os luns, agás festivos.

Naquelas masas de auga onde se autoriza a pesca durante todo o ano teranse en conta, ademais das normas específicas de cada masa, as seguintes prescricións:

-Só se autoriza a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra.

-Para a pesca de ciprínidos empregaranse tan só anzois do número 14 ou de tamaño máis pequeno, e usando como engado o verme da carne asticot ou masillas vexetais, agás para carpa.

-Para a pesca da carpa poderanse empregar anzois de calquera tamaño, sempre que se empregue como engado pataca, pasta de fariña, engados vexetais, así como masillas ou outras mesturas específicas para a devandita especie.

-Para a pesca do black-bass ou perca negra empregaranse só engados específicos, vinilo e fantasía.

Nos encoros onde se poden pescar todo o ano ciprínidos e black-bass ou perca negra, a autorización para a dita pesca só é válida para as augas encoradas e quietas a unha distancia mínima de 50 m augas arriba e abaixo de onde rematan as augas correntes que alimentan os encoros, contando esta distancia desde cada beira respectiva das augas correntes.

2. Réximes especiais de vedas, engados e modalidades de pesca.

Río Arenteiro

Védanse tódalas especies no tramo do couto do Carballiño comprendido entre a ponte de Veneres e a ponte de Arcos, cunha lonxitude aproximada de 3,4 km.

O tramo do couto do Carballiño comprendido entre a ponte de Arcos e a presa da piscifactoría da Xunta de Galicia, cunha lonxitude aproximada de 4,3 km, estará sometido ó réxime de couto de pesca intensiva.

Río Arnoia e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Vilar de Barrio) e a ponte de Prado (concello de Vilar de Barrio), cunha lonxitude aproximada de 10 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa do Buraco (concello de Allariz) e a presa dos Osos (concello de Allariz), cunha lonxitude aproximada de 1,3 km.

Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos no tramo comprendido entre a presa de Acearrica (concello de Allariz) e a presa do Buraco (concello de Allariz), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

No couto de Allariz, o período hábil finalizará o 31 de xullo. As capturas máximas de troita permitidas por pescador e día serán de 8 exemplares.

No couto de Celanova (concello de Celanova) védase o tramo comprendido entre a ponte vella en Pontegrande e o muíño das Pitas en Foncuberta, cunha lonxitude aproximada de 1 km.

Regato de Abeleira.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello da Merca) e a desembocadura no Arnoia (concello de Celanova), cunha lonxitude aproximada de 6 km.

Regato de Fechiñas.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello da Merca) e a desembocadura no Arnoia (límite entre os concellos de Celanova e A Merca), cunha lonxitude aproximada de 6,1 km.

Río Orille.

Védanse tódalas especies no tramo do couto de Celanova comprendido entre a empresa Iberolacto (concello de Celanova) e a desembocadura no Arnoia (concello de Celanova), cunha lonxitude aproximada de 2,8 km.

Río Barra

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre A Fervenza (límite entre os concellos de Coles e A Peroxa) e a desembocadura no Miño (límite entre os concellos de Coles e A Peroxa), cunha lonxitude aproximada de 2,6 km.

Regato de Caldelas e afluentes

Védanse tódalas especies entre os nacementos en Faramontaos e Orega e a súa desembocadura no Avia, cunha loxitude de 7 km, e a de tódolos seus afluentes, cunha lonxitude aproximada de 6 km (concellos de Beade, Leiro e Carballeda de Avia),

Río Cenza e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Manzaneda) e o muro da presa do alto Cenza (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 7,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Conso e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Chandrexa de Queixa) e a desembocadura do regato de Valboa (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 9 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, incluído o regato de Valboa.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da Edrada (concello de Vilariño de Conso) e a ponte de Sabuguido (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 5 km.

Védase a troita no tramo comprendido entre a ponte de Sabuguido (concello de Vilariño de Conso) e a desembocadura do río Cenza (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 6,8 km.

Neste tramo autorízase a pesca de ciprínidos cunha soa cana por pescador, con anzol do número 14 ou de menor tamaño e masillas ou engados vexetais exclusivamente.

Regato Fragoso

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Ourense) e a desembocadura no Miño (concello de Castrelo de Miño), cunha lonxitude aproximada de 9 km.

Río Lobios

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre Colmear da Patela (concello de Lobios) e a vila de Lobios, cunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Río Mao e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo de auga encorada na área recreativa do concello de Montederramo, cunha lonxitude aproximada de 0,2 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Montederramo) e a ponte de Touzal (concello de Montederramo), cunha lonxitude aproximada de 5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

No couto de Montederramo o número máximo de capturas de troita por pescador e día será de 12 exemplares.

Regato de Groil.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Montederramo) e a desembocadura no Mao (concello de Montederramo), cunha lonxitude aproximada de 5,5 km.

Regato de Reixa.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Montederramo) e a desembocadura no Mao (concello de Montederramo), cunha lonxitude 3,5 km e 2,5 km dos afluentes.

Río Miño

Permítese a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a beira do río no tramo comprendido entre o viaducto do ferrocarril (concello de Ourense) e a ponte Novísima (concello de Ourense), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Dentro da provincia de Ourense, o cota máxima de capturas de troita por pescador e día será de 6 exemplares de tamaño superior ós 26 cm, non poidendo te-lo pescador troitas que incumpran esta norma, aínda que se pescaran noutro río.

Río Navea-Queixa e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Laza) e a ponte da presa do Pozo dos Peixes (concello de Chandrexa de Queixa), cunha lonxitude aproximada de 14 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo (concellos de Laza, Chandrexa de Queixa e Montederramo).

Védase a troita no tramo comprendido entre a presa do Pozo dos Peixes e a Ponte de Santa Cruz na cola do encoro de Chandrexa de Queixa (concello de Chandrexa de Queixa), cunha lonxitude aproximada de 1,3 km. Neste tramo permítese só a pesca de ciprínidos durante a tempada hábil con anzois do nº 14 ou máis pequenos e usando como engado o verme da carne asticot ou masillas vexetais

Río Puga e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Barbadás) e a desembocadura no Miño (concello de Toén), cunha lonxitude aproximada de 12,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Ribeira Grande

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento nos Montes do Invernadeiro (concello de Vilariño de Conso) e 500 m augas abaixo da desembocadura no encoro das Portas (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 11,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Ribeira Pequena

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento nos Montes do Invernadeiro (concello de Vilariño de Conso) e 500 m augas abaixo da desembocadura no encoro das Portas (concello de Vilariño de Conso), cunha lonxitude aproximada de 10,4 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Sil

Autorízase a pesca de criprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre a ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Támega e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Laza) e a desembocadura do regato de Braxón en Tamicelas (concello de Laza), cunha lonxitude aproximada de 4,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, incluído o regato de Braxón.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a desembocadura do río Cabras ou Cereixo en Ponte A Veiga (concello de Laza) e Ponte Pedriña (concello de Laza), cunha lonxitude aproximada de 1,6 km.

Río Collas ou Codias.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Castrelo do Val) e a desembocadura no Támega (concello de Laza), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Viñas.

Védanse tódalas especies desde a súa desembocadura no río Viñao ata a primeira presa nunha lonxitude aproximada de 1 km (concello de Boborás).

3. Réxime especial de encoros.

* Encoro de Albarellos: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a Ponte Albarellos ata a presa do encoro (concellos de Avión, Boborás e Leiro). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro do Bao: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da Residencia no río Bibei, a ponte de Bembibre no río Camba e a ponte de Vilariño de Conso no río Conso ata a presa do encoro (concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e O Bolo). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Cachamuíña: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a pasarela sobre o río Loña na cola do encoro ata a presa do encoro (concello do Pereiro de Aguiar).

* Encoro de Castrelo de Miño: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do regato de Alongos na marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita ata a presa do encoro (concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia, Cenlle, Punxín, Toén e Ourense). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor de explosión.

* Encoro de Chandrexa de Queixa: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do río Navea ata a presa do encoro (concello de Chandrexa de Queixa). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro das Conchas: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da estrada Bande-Mugueimes no río Limia e desde o límite do couto de Cadós ata a presa do encoro (concellos de Bande, Muíños e Lobeira). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor de explosión.

* Encoro de Frieira: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do río Avia ata a presa do encoro (concellos de Padrenda, Pontedeva, Gomesende, A Arnoia e Ribadavia). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Guístolas: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde o límite do encoro nos concellos de San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa ata o muro

da presa (concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Lindoso: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da estrada a Lobios e a Madalena ata a fronteira con Portugal (concellos de Entrimo e Lobios). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor de explosión.

* Encoro de Montefurado: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da estrada C-536, Ourense-A Rúa, ata o límite coa provincia de Lugo (concellos de Pobra de Trives e Manzaneda). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto boiante.

* Encoro das Portas: Autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra americana durante todo o ano, desde a desembocadura do regato das Pías no río Camba ata a presa das Portas. Quedan excluídas para este tipo de pesca as augas comprendidas desde a liña recta imaxinaria que une Pena Anduriña coa desembocadura do regato das Cabras ata os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, nos montes do Invernadeiro (concellos de Vilariño de Conso e Castrelo do Val). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Prada: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da estrada A Veiga-Covelo ata a presa do encoro (concello da Veiga). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Pumares: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte de Roldán ata a presa do encoro no interior da provincia de Ourense (concello de Rubiá). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de San Pedro: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a ponte da estrada Ferreira-Luíntra ata a presa de San Pedro (concello de Nogueira de Ramuín). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Santo Estevo: autorízase a pesca de conformidade co establecido para este encoro nos réximes especiais da provincia de Lugo.

* Encoro de San Martiño: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do regueiro A Vioca na marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita ata a ponte da estrada entre A Rúa e Petín (concellos de Larouco, Petín e A Rúa). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor de explosión.

* Encoro de Santiago: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do río Leira na marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita ata a presa do encoro (concellos de Vilamartín de Valdeorras e A Rúa). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

* Encoro de Velle: autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano desde a desembocadura do regato do Fontao na marxe dereita e a súa prolongación imaxinaria á marxe esquerda ata a presa do encoro (concellos de Ourense, O Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Coles e A Peroxa). Nesta mesma masa de auga autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante.

ANEXO VII

RÉXIMES ESPECIAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

1. Normas xerais.

Nos coutos e tramos de pesca sen morte da provincia expedirase un máximo de 8 permisos diarios.

Decláranse os luns non festivos como inhábiles para a pesca nos coutos da provincia.

Nos coutos de Couso e Sinde poderase captura-lo reo entre o 9 de maio e o 30 de xuño debendo estar en posesión de permiso para a pesca de salmón.

2. Réximes especiais de vedas, engados e modalidades de pesca.

Río Alvedosa e Maceiras

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio desde o nacemento (concello de Pazos de Borbén) ata a desembocadura (concello de Redondela), cunha lonxitude aproximada de 6,5 km. Esta medida afectará tamén o río Maceiras desde o seu nacemento ata a desembocadura no Alvedosa.

Río Deva e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a desembocadura do río Calvo (concello da Cañiza) e a desembocadura do Deva no río Miño (concello de Arbo), cunha lonxitude aproximada de 10,6 km.

Río Calvo e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello da Cañiza), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río dos Gafos

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a confluencia dos ríos Tomeza e Marcón (concello de Pontevedra) e a desembocadura (concello de Pontevedra), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Río Lagares e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o lugar de Navia (concello de Vigo) e a desembocadura (concello de Vigo), cunha lonxitude aproximada de 1,3 km.

Río Barxa.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello de Vigo), cunha lonxitude aproximada de 6,7 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo, polo que se reduce o número de permisos do couto do Fragoso nunha cuarta parte.

Río Lérez e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a presa da minicentral de Dorna (límite entre os concellos de Cotobade e Campo Lameiro) e a ponte do ferrocarril Vigo-A Coruña (concello de Pontevedra), cunha lonxitude aproximada de 22,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Lérez.

No couto de Monteporreiro os engados autorizados serán os mesmos que para as augas salmoneiras.

Río Almofrei.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a desembocadura do río da Reigosa e a desembocadura do Almofrei no río Lérez (concello de Pontevedra), cunha lonxitude aproximada de 2,2 km. Redúcese ata ese data o número de permisos do couto de Portomuíño nun tercio.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a toma de auga da piscifactoría de Carballedo (concello de Cotobade) e a presa de Pozo Negro (concello de Cotobade), cunha lonxitude aproximada de 1,2 km.

Regato de Paraños (afluente do Almofrei).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa do muíño do Sr. Blanco (concello de Cotobade) e a desembocadura no Almofrei (concello de Cotobade), cunha lonxitude aproximada de 0,5 km.

Río Cabanelas e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello de Cotobade), cunha lonxitude aproximada de 6 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río do Seixo (afluente do Castro) e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Cotobade) e a desembocadura no río Castro (concello de Cerdedo), cunha lonxitude aproximada de 6,3 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo (concellos de Cerdedo, Cotobade e Forcarei).

Río Maneses e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello de Campolameiro), cunha lonxitude aproximada de 4,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Loira e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e Ponte Neibo (concello de Marín), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km.

Arroio de Miñán.

Védanse tódalas las especies entre o nacemento e Carballeira de Rei (concello de Marín), cunha lonxitude aproximada de 1 km.

Regato de Cadrelo.

Védanse tódalas especies entre o nacemento e a ponte da estrada PO-313 (concello de Marín), cunha lonxitude aproximada de 1,5 km.

Regato de Silvestre.

Védanse tódalas especies entre o nacemento e a desembocadura no regato de Cadrelo (concello de Marín), cunha lonxitude aproximada de 1 km.

Río Miñor e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte do matadoiro de Gondomar e a ponte da Xunqueira, cunha lonxitude aproximada de 2 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a fervenza da Torre de Chaín (concello de Gondomar) e a desembocadura do río Zamáns (concello de Gondomar). Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde súa confluencia co río Miñor.

Río Zamáns e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o pé do encoro de Zamáns (concello de Vigo) e un quilómetro augas arriba da desembocadura no río Miñor (concello de Gondomar), cunha lonxitude aproximada de 8,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes nun tramo dun quilómetro augas arriba da súa confluencia co río Zamáns.

Védase o encoro de Zamáns desde a entrada en vigor desta orde e ata o 19 de marzo.

Río Tea e afluentes

Amplíase o tramo de couto de pesca sen morte de Mondariz abarcando o tramo comprendido entre a depuradora de Mondaríz-Balneario (concello de Mondariz-Balneario) ata a ponte da Poeira en Riofrío (concello de Mondariz), cunha lonxitude aproximada de 2,5 km. O número de canas do couto sen morte será de 8 e no resto do couto será de 7.

Védanse tódalas especies no tramo do couto de Mondariz comprendido entre a ponte da Poeira en Riofrío (Concello de Mondariz) e a Presa de Val (concello de Mondariz), cunha lonxitude aproximada de 300 m.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre Foxaco (concello de Mondariz) e a desembocadura no Miño (concello de Salvaterra de Miño). Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Tea.

Regato de San Breixo.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura no río Tea (concello de Covelo), cunha lonxitude aproximada de 3,5 km.

Río Uma e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello da Cañiza) e a desembocadura (concello de Ponteareas), cunha lonxitude aproximada de 16,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Uma.

Río Xabriña e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Covelo) e a ponte de Mouriscados (concello de Mondariz), cunha lonxitude aproximada de 9 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Xinzo e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello de Ponteareas), cunha lonxitude aproximada de 8 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co Xinzo.

Río Ulla e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a ponte interprovincial de Ponte Ledesma (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón) e a ponte de Catoira (límite entre os concellos de Catoira e Rianxo). Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Ulla, agás no caso do río Deza, no que esta medida se aplicará ata a presa de Saídres, nunha lonxitude aproximada de 18 km.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio nos coutos salmoneiros de Couso e Sinde.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Portodemouros (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Arzúa) e Ponte de San Xusto (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Arzúa), cunha lonxitude aproximada de 1,7 km.

Védanse tódalas especies no couto de Ximonde.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a desembocadura do río Vea e a ponte romana de Pontevea (límite entre os concellos de Teo e A Estrada), cunha lonxitude aproximada de 1,8 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte nova interprovincial de Ponte Ledesma e a Tosta do Muíño do Boticario (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón), cunha lonxitude aproximada de 0,5 km augas arriba do primeiro punto.

No tramo desde a ponte de Catoira á ponte da estrada N-550 en Pontecesures, poderase pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes, nunha lonxitude aproximada de 10 km.

Desde 1 de maio ó 31 de agosto, poderase utilizar becho de mar no tramo comprendido entre a ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures para a pesca de especies propias de esteiros (robaliza, muxo, anguía, solla, etc.).

Encoro de Portodemouros

Védanse tódalas especies nos 50 m inmediatos a cada lado da desembocadura dos ríos que verten ó encoro.

Río Arnego.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre A Frisca e 50 m augas abaixo (límite entre os concellos de Vila de Cruces e Agolada).

Río Deza.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a presa de Saídres e a desembocadura no Ulla (límite entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces), cunha lonxitude aproximada de 18 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte A Carixa e a desembocadura do regato de Orza (límite entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces), cunha lonxitude aproximada de 0,35 km.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte dos Muíños en Vilanova e a presa do muíño de Amancio (concello de Lalín), cunha lonxitude aproximada de 0,7 km.

Río Asneiro (afluente do Deza).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte Bustelo (concello de Lalín) e a ponte da praia fluvial de Vilatuxe (límite entre os concellos de Lalín e Silleda), cunha lonxitude aproximada de 3,5 km.

Río Toxa (afluente do Deza) e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Forcarei) e a desembocadura do río Escuadro (concello de Silleda), cunha lonxitude aproximada de 10 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Toxa. Redúcese o número de permisos no couto de Toxa á metade.

Río Liñares.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte de Fouleiro e a desembocadura no Ulla (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 6,5 km.

Río Curantes (afluente do Liñares).

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada de Nogueira a Vilapouca e a desembocadura no Liñares (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 0,3 km.

Río Tabeirós (afluente do Liñares) e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 5,7 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Tabeirós.

Río Vea.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a ponte da estrada de Vilacriste a Couso e a desembocadura (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 0,75 km.

Río Umia e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre a fervenza de Segade (concello de Caldas de Reis) e Ponte Baión (límite entre os concellos de Meis e Vilanova de Arousa), cunha lonxitude aproximada de 12,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Umia.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre Ponte Baión (límite entre os concellos de Meis e Vilanova de Arousa) e Ponte Estacas (límite entre os concellos de Cambados e Ribadumia), cunha lonxitude aproximada de 12,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Umia.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Loureiro (límite superior do couto de Codeseda) e a ponte da estrada Codeseda-Arca por Fontenlo (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 4 km. O número de canas do couto de Codeseda queda reducido á metade.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre a presa de Chorreras e a desembocadura do río Bermaña (concello de Caldas de Reis), cunha lonxitude aproximada de 0,6 km.

Río Bermaña e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Cuntis) e a ponte de Ferrín (concello de Caldas de Reis), cunha lonxitude aproximada de 3,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Rego de Soutiño e afluentes

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento e a desembocadura no Umia (concello da Estrada), cunha lonxitude aproximada de 4,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Verdugo e afluentes

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre a central do Inferno (concello de Soutomaior) e o límite superior da zona de influencia marítima, cunha lonxitude aproximada de 3 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Verdugo.

Aprázase o inicio da temporada ata a data de celebración da Festa Municipal da Troita no tramo comprendido entre a ponte de Ponte-Caldelas e a presa de Parada (concello de Ponte-Caldelas).

Río Oitavén e afluentes.

Aprázase o inicio da temporada ata o 1 de maio no tramo comprendido entre o encoro de Eiras (límite entre os concellos de Fornelos de Montes e Ponte-Caldelas) e o muíño da Tereixa (límite entre os concellos de Soutomaior e Ponte-Caldelas). Cunha lonxitude aproximada de 3,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo dun quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Oitavén.

Aprázase o inicio da temporada ata o 9 de maio no tramo comprendido entre o muíño da Tereixa (límite entre os concellos de Soutomaior e Ponte-Caldelas) e a desembocadura no Verdugo (concello de Soutomaior), cunha lonxitude aproximada de 4,2 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes nun tramo de un quilómetro augas arriba desde a súa confluencia co río Oitavén.

Río Barragán (afluente do Oitavén) e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Fornelos de Montes) e a confluencia do río Traspielas (límite dos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes), cunha lonxitude aproximada de 8,5 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

Río Pequeno (afluente do Oitavén) e afluentes.

Védanse tódalas especies no tramo comprendido entre o nacemento (concello de Pazos de Borbén) e a desembocadura no Oitavén (concello de Soutomaior), cunha lonxitude aproximada de 7 km. Esta medida afectará tamén a tódolos afluentes existentes no tramo.

3. Réxime especial de encoros e lagoas.

Encoro de Portodemouros

Autorízase a captura de ciprínidos durante todo o ano, empregándose só anzol do nº 10 ou máis pequeno. Na época de veda de salmónidos queda

prohibido o uso de engado vivo. Autorízase a pesca desde embarcación ou artefacto aboiante. A pesca a flote non se poderá practicar a unha distancia das beiras menor de 20 m (30 m coa modalidade denominada cola de rata).

Encoro de Zamáns

Autorízase a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano. Na época hábil para salmónidos funcionará como couto troiteiro e permitirase a captura de 5 exemplares de troita por pescador e xornada. Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor. A pesca a flote non se poderá practicar a unha distancia das beiras menor de 20 m (30 m coa modalidade denominada cola de rata).

Encoro de Eiras

Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes sen motor. A pesca a flote non se poderá practicar a unha distancia das beiras menor de 20 m (30 m coa modalidade denominada cola de rata).

Lagoa de Castiñeiras

A pesca rexerase pola normativa que estableza o Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural con fins recreativos e de educación ambiental.

Védanse tódalas especies no regato que verte á lagoa.

4. Réxime especial de zonas de desembocadura.

-Delimitación das zonas de desembocadura.

De conformidade co establecido nos anexos do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), delimítanse as seguintes zonas de desembocadura:

RíoLímite superiorLímite inferior

Río UllaPonte de CatoiraLiña recta imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril
Río UmiaPonte Estacas, na estrada C-550Liña recta imaxinaria que une Punta San Sadurniño con Punta Borrelo
Río LérezPonte do ferrocarril Vigo-A Coruña en MonteporreiroLiñas rectas imaxinarias que unen Punta Campelo co extremo distal do crebaondas da canle do río, e este último con Punta Praceres
Río VerdugoCarballeda dos Franceses, no lugar de Camboa, na marxe dereita e O Cafexo na marxe esquerdaLiña recta imaxinaria que une Punta Ulló con Punta Muxeira

RíoLímite superiorLímite inferior

Río MiñorPonte da XunqueiraLiña recta imaxinaria que une a punta da barra da praia de Ladeira e Punta Lourido

-Normas de pesca.

Autorízase a pesca con cana de especies ususais en esteiros (robaliza, muxo anguía, solla, etc.) durante todo o ano, coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas fóra da súa temporada hábil. Como engado poderase utiliza-lo denominado becho de mar.

Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos aboiantes.