Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 05 de marzo de 1999 Páx. 2.551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., para o seu centro de traballo en Vigo.

Vista a acta da reunión da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., para o seu centro de traballo en Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-2-1999, subscrita en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polo comité de empresa en data 27-1-1999, e na que se acordou revisa-los seguintes artigos docitado convenio co obxecto de incrementa-las cantidades neles especificadas: artigo 18 (axudas de custo), artigo 26.2a e 3b (póliza de accidentes), artigo 41 (axuda familiar), artigo 47 (créditos persoais), así como os cadros horarios e a táboa salarial para 1999 de conformidade co disposto no artigo 19.3º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de

traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de febreiro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

En vigo, ás 13 horas do día 27 de xaneiro de 1999, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. para o seu persoal adscrito ós servicios de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria da cidade de Vigo, co obxecto de:

1. Aproba-la táboa salarial aplicable, revisada segundo o estipulado no artigo 19.2º do convenio citado, e cifrada esta revisión nun 2,40% sobre a táboa salarial vixente no ano 1998.

2. A continuación revísanse as cantidades obxeto de incremento dos seguintes artigos do convenio vixente:

2.1. Artigo 18º.-Axudas de custo.

Axuda de custo completa: 7.668 pesetas.

Media axuda de custo: 3.410 pesetas.

2.2. Artigo 26º.-Póliza de accidentes.

a) En caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 2.637.000 pesetas.

b) En caso de invalidez absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.088.000 pesetas.

2.3. Artigo 41º.-Axuda familiar.

Queda establecida para 1998 en: 7.130 pesetas.

2.4. Artigo 47º.-Créditos persoais.

Queda establecido para 1998 en: 5.325.000 pesetas.

3. Así mesmo procédese á sinatura dos cadros horarios para o presente ano 1999.

Lidos os documentos citados, a comisión negociadora acorda asinar e da-la súa conformidade a eles.

Os citados documentos serán remitidos á Xunta de Galicia, Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para efecto de rexistro e posterior publicación.

Sen máis puntos que tratar levántase a reunión ás 14 horas, asinando tódolos compoñentes da mesa negociadora en proba de conformidade.

Táboa salarial. Recollida de lixo e limpeza viaria. Ano 1999. Vigo

CategoríaSalario basePlus Tox.

Pen/Perig.

Plus

nocturno

Plus

actividade

Plus

transporte

P. extras

Xul/Dcbro.

Paga

beneficios

Total anual

Encargado5.3651.0730745391160.95080.4753.068.937
Sub. Encarg. noite4.9849971.246594391149.52074.7603.204.959
Capataz día4.5869170680391137.58068.7902.660.319
Capataz noite4.5869171.146680391137.58068.7903.001.827
Ofic. 1ª Cond. día3.8277650464391114.81057.4052.216.695
Ofic. 1ª Cond. noite3.827765957464391114.81057.4052.501.881
Peón día3.7647530205391112.92056.4602.108.217
Peón noite3.764753941205391112.92056.4602.388.635
Encargado taller5.3651.0730745391160.95080.4753.068.937
Ofic. 1ª Mec. día4.2558510924391127.65063.8252.567.723
Ofic. 1ª Mec. noite4.2558511.064924391127.65063.8252.884.795
Peón mecánico3.7647530205391112.92056.4602.108.217

Gratificación de productividade: 965 ptas./día posterior a domingos e festivos.

Festivos traballados: 9.936 ptas. para tódalas categorías.

Gratificación motocarro: 351 ptas./día.

Gratificación lavacoches: 351 ptas./día.

CategoríaSalario basePlus

calidade

Plus Tox.

Pen/Perig.

Plus

transporte

Total mesP. extras

Xul/Dcbro.

Paga

beneficios

Total anual

Ofic. 1ª Adtivo.138.41130.691010.272179.374138.41169.2062.580.444
Ofic. 2ª Adtivo.123.51934.085010.272167.876123.51961.7592.412.019
Aux. Adtivo.115.87833.335010.272159.485115.87857.9392.290.728
Almaceneiro114.79029.895010.272154.957114.79057.3952.226.796

ANEXO II

Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Delegación Galicia. Medio Ambiente

Servicio de R.L.U. e L. Viaria de Vigo.

Cadro horario para o ano 1999.

1. Servicio de R.L.U.:

Luns a sábado: mañá, de 6 a 13 horas.

Tarde de 14 a 21 horas.

Noite de 23 a 6 horas.

2. Servicio de L. Viaria:

Luns a sábado: mañá de 6.30 a 13.30 horas.

Tarde de 13.45 a 20.45 horas.

Noite de 23.15 a 6.15 horas.

3. Servicio de talleres:

Luns a sábado: mañá de 6 a 13 horas.

Mañá de 7.30 a 14.30 horas.

Noite de 23 a 6 horas.

4. Servicio de almacén:

Luns a venres: mañá de 9 a 14 horas.

Tarde de 16 a 18 horas.

5. Oficinas centrais: ver folla anexa.

6. Festivos locais:

Día 29 de marzo (luns).

Día 16 de agosto (luns).

7. Festivos segundo artigo 48 do convenio:

Día 3 de novembro (mércores).

Cadro horario para o ano 1999

Oficinas centrais:

1. Horario de inverno: (do 1º de xaneiro ó 31 de maio).

Luns a venres: mañá de 9 a 14 horas.

Tarde de 16 a 18.30 horas.

Venres: mañá de 9 a 14 horas.

2. Horario de verán: (do 1 de xuño ó 30 de setembro).

Luns a venres: mañá de 8 a 15 horas.

3. Horario de inverno: (do 1 de outubro ó 31 de decembro).

Luns a xoves: mañá de 9 a 14 horas.

Tarde de 16 a 18.30 horas.

Venres: mañá de 9 a 14 horas.

4. Festivos locais:

Día 29 de marzo (luns).

Día 16 de agosto (luns).

5. Festivos segundo artigo 48 do convenio:

Día 3 de novembro (mércores).

6. Por reaxuste horas/ano:

Día 24 de decembro (venres).

Día 31 de decembro (venres).