Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de febreiro de 1999 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados Peñarredonda da Coruña e Lar de Mos (Pontevedra).

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros privados Peñarredonda da Coruña e Lar de Mos, no que se solicita autorización definitiva para a súa apertura e funcionamento.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondentes, que se remiten cos respectivos informes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria, e como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Peñarredonda, 3.

Código do centro: 15004460.

Denominación específica: Peñarredonda.

Titular: Fomento de Centros de Enseñanza.

Composición resultante:

a) Centro de educación primaria: 7 unidades.

b) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

c) Centro de bacharelato: 4 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Mos.

Localidade: Puxeiros.

Enderezo: Avda. do Rebullón, 21.

Código do centro: 36005427.

Denominación específica: Lar.

Titular: María Sol Pombo Expósito.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato: 6 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

e) Centro de educación especial: 2 unidades (Psíquicos).