Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 02 de marzo de 1999 Páx. 2.325

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xaneiro de 1999 pola que se autoriza definitivamente, por traslado de instalacións, a apertura e funcionamento do centro privado Academia Barreiro de Vigo e, así mesmo, se autoriza o cambio de denominación e titularidade.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Academia Barreiro de Vigo (Pontevedra), no que se solicita autorización definitiva, por traslado de instalacións, para a súa apertura e funcionamento e para os niveis de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria, así como o cambio de titularidade e de denominación.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Enrique Barreiro Alonso, cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Colegio Academia Barreiro, S.L.

Resultando que o dito centro solicita o cambio de denominación.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento, por traslado de instalacións, do antedito centro para os niveis de infantil, primaria e secundaria obrigatoria, así como o cambio de denominación, segundo se especifica no anexo da presente orde.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de titularidade a favor de Colegio Academia Barreiro S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Enrique Barreiro Alonso, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.

Cuarto.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Quinto.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Sexto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Valadares.

Enderezo: estrada de Valadares, nº 78 (O Seixo).

Código do centro: 36010939.

Denominacion anterior: Academia Barreiro.

Nova denominación específica: Barreiro.

Titular anterior: Enrique Barreiro Alonso.

Novo titular: Colegio Academia Barreiro, S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.